=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
* Metodoloxías docentes que se manteñen
O material da materia elaborado pola docente a disposición do alumnado en FAITIC e/ou Campus Remoto.
* Metodoloxías docentes que se modifican
Ante a imposibilidade de que as clases desenvólvanse presencialmente, a docencia se impartirá telemáticamente vía Campus Remoto.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías)
Titorías telemáticas no despacho virtual da docente (Campus Remoto). Será necesario concertar, con anterioridade, a titoría.
* Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir
* Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
As probas/actividades de avaliación continua, así como o exame final, realizaranse presencialmente na UVigo.
Se resultase imposible realizar presencialmente algunha proba/actividade de avaliación, esta realizarase telemáticamente a través de Campus Remoto ou FAITIC. |