Prácticas con apoio das TIC |
Nestas sesións utilizaremos un programa estatístico, aplicando as técnicas introducidas nas clases teóricas a distintos conxuntos de datos. O alumnado deberá resolver, utilizando o mesmo programa, os exercicios propostos pola profesora. O ficheiro de resultados xerado deixarase na plataforma Faitic para a súa corrección e cualificación. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
O alumnado deberá resolver pola súa conta todos os exercicios do boletín de problemas e realizar os cuestionarios de autoevaluación dispoñibles na plataforma Faitic. |
Foros de discusión |
O alumnado poderá expor cuestións ou dúbidas sobre contidos teóricos ou prácticos utilizando os foros dispoñibles na plataforma Faitic |
Lección maxistral |
Nas clases de teoría presentaranse e desenvolverán os contidos de cada tema, acompañados dos exemplos necesarios para facilitar a asimilación dos conceptos básicos e a aplicación dos métodos estatísticos introducidos.
Con anterioridade ao comezo de cada tema, proporcionarase, a través da plataforma Faitic, un boletín de problemas, dos cales a profesora resolverá en clase algúns exercicios tipo. |