=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.
=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Mantéñense as mesmas metodoloxías impartindo a docencia mediante videoconferencia a través de Campus Remoto e utilizando, si é o caso, a plataforma de teledocencia Faitic para a entrega de exercicios ou realización de cuestionarios.
No caso de "Prácticas con apoio das TIC" tentarase utilizar un programa estatístico que estea dispoñible para os alumnos.
* Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías):
Realizaranse titorías mediante videoconferencia no despacho virtual (con cita previa), foros de Faitic e correo electrónico.
* Información adicional:
Os alumnos terán á súa disposición na plataforma Faitic todo o material necesario para o seguimento da materia (apuntamentos, boletíns de problemas, solucións de exercicios e prácticas,...) así como cuestionarios de autoavaliación.
=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÖN ===
Mantéñense as mesmas probas pero realizadas en modalidade non presencial mediante o uso combinado de Campus Remoto e a plataforma Faitic.
Nestas probas o alumnado debe identificarse visualmente, presentando o correspondente documento, e permanecer conectado coa cámara activada até a súa finalización. |