Guia docente 2020_21
Facultad de CC. Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Ciencia política: Ciencia política
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. Os alumnos deben dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia E.C. 40 C3
C6
C8
Seminario Actividades (consultas relacionadas con temáticas de especial complexidade, avaliación e debate ao redor da metodoloxía utilizada ou ao desenvolvemento xeral da actividade docente, ...), e das que se informará previamente ao alumnado. E.C. 40
Debate Argumentación do alumnado sobre contidos da materia E.C. 40 C8
Lección maxistral Asistencia ás clases E.C. 40 C3
C6
Exame de preguntas de desenvolvemento O exame final consistirá nunha serie de preguntas, non máis de cinco, encamiñadas a verificar o grao de asimilación e aprendizaxe por parte do alumnado dos principais contidos da materia, e abarcando varios niveis de complexidade e profundidade (coñecemento, comprensión, aplicación, valoración...). E.C. 60 C3
C6
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación programarase en consonancia cos obxectivos e medios, e de acordo con eles. A súa realización constitúe a última fase do proceso de aprendizaxe, e debe entenderse en sentido amplo, xa que o seu obxectivo é triplo: a) comprobar o cumprimento dos obxectivos; b) orientar e motivar ao alumno; c) cualificar.


Conforme a iso, a nota final da materia calcularase sobre os resultados da avaliación continua, na que a resolución de problemas ou exercicios prácticos, a asistencia a clase ou a participación en seminarios e debates suporá o 40% da nota, e o exame de preguntas de desenvolvemento suporá o 60% restante.

O alumnado disporá dun prazo adecuado -axustado á normativa vixente- para proceder á revisión ou a calquera outra aclaración relacionada cos exames efectuados así como coas cualificacións obtidas.

A cualificación obtida na avaliación continua manterase para todas as convocatorias do curso académico.

Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o alumnado poderá optar a ser avaliado cun exame final sobre 10 puntos que suporá o 100% da cualificación.

Na convocatoria fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación.

As datas de exames deberán ser consultadas na Páxina web da Facultade (http://fccee.uvigo.es).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000