Traballo tutelado |
Os criterios de avaliación son os seguintes:
- O resumo inclúe os compoñentes esenciais. Estrutura do TFG coherente, exposición clara e corrección lingüística.
- Fundamentación teórica / Estado da cuestión / Lexislación (de ser o caso).
- Relevancia para o ámbito da profesión e achegas persoais.
- Obxectivos e adecuación metodolóxica.
- Presentación, descrición, ilustración e, de ser o caso, interpretación dos resultados.
- Suficiencia, interese e actualidade da bibliografía. Uniformidade das citas e referencias e correspondencia entre elas.
- De ser o caso, as conclusións e discusión son coherentes cos obxectivos/preguntas de investigación/hipótese e cos resultados.
|
70 |
A2 A3 A4 A5
|
B2 B4
|
C3 C9 C10 C12 C13 C17 C18 C22 C25
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D8 D10 D13 D14 D15 D16 D17 D18 D20 D23 D24
|
Presentación |
Os criterios de avaliación son os seguintes:
- Selección, equilibrio e organización do contido na presentación oral.
- Competencia comunicativa oral e emprego axeitado do vocabulario, así como dos recursos informáticos.
- Respostas ás cuestións formuladas polos membros da comisión de avaliación. |
30 |
A2 A3 A4 A5
|
B2
|
C12 C17 C22 C25
|
D1 D2 D3 D4 D5 D6 D7 D8 D15 D16 D17 D19 D20 D23 D24
|
O TFG será presentado e defendido polo seu autor ou autora perante un tribunal unipersoal que estará constituido pola persoa titora do TFG. A cualificación (de 0 a 10) realizarase de xeito motivado seguindo os criterios establecidos na rúbrica de avaliación contemplada na Guía Didáctica do TFG. O TFG debe cumprir necesariamente os seguintes requisitos: (1) ser un traballo persoal e orixinal no que se constrúa un discurso propio. Cando se utilicen ideas ou palabras doutra autoría acreditarase explicitamente a súa orixe; (2) respectar a extensión máxima permitida (5.000 - 10.000 palabras); e (3) incluír un apartado de resultados empíricos. Aqueles estudantes que non superen o TFG na avaliación do segundo cuadrimestre poderán presentarse á segunda convocatoria no mes de xullo. As datas de entrega da memoria e da defensa do TFG serán publicadas con antelación suficiente na web da Facultade. No caso de obter a cualificación de suspenso, ben sexa na primeira ben na segunda convocatoria, o tribunal unipersoal fará chegar un informe coas recomendacións oportunas ao estudante para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. |