Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e cooperación ao desenvolvemento
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia. Comprensión do desenvolvemento da materia na parte teórica e práctica.
<br>
0
Lección maxistral Exposición por parte da profesora na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais. 0
Traballo tutelado Incluirá fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...Asesoramento por parte da profesora na aula e en titorías grupais.
Traballo en grupo. Titorías grupais: supervisión de traballos.
30
Seminario Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas. Convite a profesionais externos ou ponentes de prestixio que permiten completar os contidos da materia e unha aproximación á praxe profesional cotiá. 0
Debate Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso ou situación, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral... 10
Presentación Traballo persoal dos e das estudantes. Exposición por parte do alumnado ante a docente e o grupo dun tema sobre os contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Levarase a cabo en pequeno grupo e cualificarase de xeito grupal mediante rúbricas de avaliación que previamente se lle entregarán e explicarán ao alumnado.Acompañarase das lecturas obrigatorias e a análise de textos. 20
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita de carácter individual que avalía contidos de varias metodoloxías e encárgase dos elementos conceptuais da materia. As preguntas poderán ser tipo test con dúas alternativas de resposta ou pregunta corta. Dita proba cualificarase de igual xeito para asistenciais e non asistenciais. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A nota final expresarase nunha escala de 0 a 10 segundo a normativa vixente. Será necesario obter un mínimo de 5 en cada unha das partes avaliables para poder facer media.Como se pode observar,  a planificación deste proceso de ensino-aprendizaxe concíbese como
unha avaliación continua. Será considerado/a alumno/a asistencial cando teña unha asistencia mínima do 80% ás sesións maxistrais, un 80% aos seminarios e un 80% aos pequenos grupos.
Existirá unha modalidade de avaliación para estudiantes non asistentes. Aqueles estudantes que opten por non asistir a clases, ou non poidan, ou pretendendo ser «estudantes asistentes» teñan menos da asistencia requerida para ser considerados como tal, terán que demostrar -igualmente que os seus compañeiros/as- a adquisición das diferentes competencias da materia. As persoas non presenciais, terán que entregar antes da finalización de curso un individual de intervención relacionado coa Cooperación para o Desenvolvemento onde se reflictan os coñecementos e destrezas aprehendidas, dito proxecto de intervención será unha esixencia a maiores de todo aquelo que se solicite ao conxunto do alumnado mediante a avaliación contínua e que figura neste apartado de metodoloxías de avaliación. Dito traballo será obrigatorio e cualificarase como apto ou non apto. Na convocatoria de xullo o alumnado avaliará as competencias e probas non superadas na convocatoria anterior. Nesta convocatoria de xullo o estudantado non
asistente terá que repetir novamente o exame completo. Non se gardarán notas de ningunha parte da materia -teoría ou práctica- para o seguinte curso académico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000