Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Traballo social e cooperación ao desenvolvemento
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Lección maxistral Exposición por parte da profesora na aula para todo o grupo. Clarificación de conceptos. Explicación dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e directrices dos traballos a presentar (individuais e en grupo), exercicios e/ou proxectos a desenvolver polo alumnado. Acompañarase de titorías individuais e/ou grupais.
Traballo tutelado En pequeno grupo o alumnado elabora un documento-traballo sobre un dos aspectos da materia, preferentemente sobre un dos ámbitos da cooperación para o desenvolvemento no traballo social. Incluirá fundamentación, procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, contextualización nun país en vías de desenvolvemento, redacción. Asesoramento por parte da profesora na aula e en titorías grupais. Traballo en grupo e supervisión de traballos.
Seminario Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema/ámbito específico, que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas. Convite a profesionais externos ou ponentes de prestixio que permiten completar os contidos da materia e unha aproximación á praxe profesional contiá.
Debate Charlas abertas entre un grupo de estudantes. pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral...
Presentación Traballo persoal do alumnado. Exposición por parte do alumnado ante a docente e o grupo de estudantes dun tema sobre os contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Levarase a cabo en pequeno grupo e cualificarase de xeito grupal mediante rúbricas de avaliación que previamente se lle entregarán ao alumnado. Acompañarase das lecturas obrigatorias e a análise de textos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000