Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Grao en Traballo Social
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Elaboración, preferentemente grupal, de traballos ou actividades prácticas relacionadas cos contidos teóricos da materia.

Para o alumnado con modalidade asistencial, sexa presencial, a través do Campus remoto (non presencial), ou na modalidade mixta, as actividades prácticas realizadas na aula durante o curso serán avaliadas cada unha entre 1 e 2 puntos, podendo obter un total de 5 puntos entre o traballo desenvolto na aula (10%) e a actividade autónoma (40%).

Para o alumnado non asistencial este apartado suplirase pola realización dun traballo teórico-práctico sobre os contidos dalgún dos bloques temáticos da materia, supervisado en titorías pola profesora para avaliar a adquisición e progresión das competencias requeridas. Deberá finalmente facer unha exposición do mesmo presencial ou virtual (nota máxima 5 puntos, correspondendo un máximo de 4 á calidade do traballo en sí e ata 1 punto o seguimento continuado do traballo pola profesora, sendo imprescindible un mínimo de 3 titorías continuadas para poder presentalo).

Puntuación máxima da parte práctica: ata 5 puntos do total da nota. É preciso obter como mínimo 2.5 puntos neste apartado para poder superalo.
50 A1
A2
A3
A4
B1
B2
B3
B5
B6
C1
C2
C5
C7
C8
C9
C11
C20
D1
D2
D3
D4
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D22
D24
Exame de preguntas obxectivas Realización dun examen tipo test e/ou preguntas de resposta curta sobre os contidos do temario. As preguntas deixadas en branco non se terán en conta na cualificación.

Puntuación máxima: ata 5 puntos da nota final. É preciso obter como mínimo 2.5 puntos para superar este apartado.
50 A1
A3
B6
D1
D2
D3
D4
D7
D8
D9
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

REQUISITO PARA PRESENTARSE ÁS PROBAS DE AVALIACIÓN:

O
alumnado deberá entregar ou subir a Faitic a súa ficha, debidamente
cumprimentada e cunha fotografía tamaño carnet, nun prazo máximo de 3 semanas desde o inicio do curso
académico, facendo constar
expresamente a modalidade elixida (asistencial ou non asistencial) a través dun correo electrónico dirixido á profesora. 

Isto implica que, sexa unha ou outra a modalidade elixida, o alumnado deberá contactar
necesariamente coa profesora a principios de curso (3 primeiras semanas) para comunicarlle a
súa elección e poder ser convintemente avaliado

CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

Aplicaranse
dous sistemas de avaliación tomando como criterio diferencial a
asistencia ou non ás clases de grupo grande e mediano, dado que a
planificación deste proceso de ensino-aprendizaxe esixe a presenza do
alumnado, sobre todo naquelas relacionadas coa adquisición de
competencias procedementais e actitudinais, o que implica facer un
seguimento das asistencias mediante controles. Quen sen notificalo teña una asistencia por debaixo do 80%, o que equivale a 3 faltas en grupo grande e 3 en grupo mediano, será considerado a tódolos efectos como non asistencial, salvo causa debidamente xustificada (enfermidade ou pasamento dun familiar achegado, realización doutros exames...).

*
Modalidade asistencial:
A nota final virá dada pola suma das
puntuacións obtidas nos distintos apartados especificados no cadro
superior, sendo preciso ter superados cada un deles ailladamente.

*
Modalidade non asistencial
: A avaliación e a superación da materia virá
determinada polo exame final (50% da nota final, sendo
necesario obter como mínimo 2.5 puntos dos 5 que integran este
apartado) e pola realización dun traballo tutelado pola profesora que
haberá que presentar na data que se estableza previamente ou, como data máxima, o día da convocatoria oficial do exame (50% da nota restante, a razón dun 40% correspondente á calidade do traballo en sí, entendendo por tal a estrutura, contidos, aspectos formais, bibliografía..., e un 10% restante correspondente ao seguimento continuado do traballo polo profesorado, o que require, cando menos, tres titorías coa profesora). A nota
final virá dada pola suma das puntuacións obtidas nos dous apartados,
sendo preciso superar cada un deles ailladamente para poder facer a media.


SEGUNDA CONVOCATORIA:

As
competencias non superadas, derivadas da totalidade e/ou de parte das
probas/actividades obxecto de avaliación, poderán ser recuperadas na
convocatoria de xullo, gardándose a nota da parte superada, tanto na
modalidade asistencial como na non asistencial. 

Segundo a normativa vixente, con independencia da súa
asistencia ou non ás clases o alumnado gozará de condicións equivalentes de
avaliación.

A data oficial dos exames pode consultarse na web da Facultade: http://educacion-ou.webs.uvigo.es/educacion-ou/web/index.php.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000