Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Sistemas de información para a xestión turística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Exposición por parte do alumnado ante o docente e os seus compañeiros dos resultados das Prácticas con apoio das TIC realizadas nas aulas de informática. 50 A2
A3
A4
A5
B1
B5
B7
B8
B9
B10
C10
C13
D1
D2
D3
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Exame tipo test dos contidos desenvolvidos mediante Flipped Learning nas sesións teóricas. 50 A1
A2
A5
B7
B8
B9
C10
C13
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira oportunidade: o conxunto de criterios de avaliación arriba exposto constitúe o sistema de avaliación continua na primeira oportunidade. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada proba (en cada unha das Presentacións e no Exame de preguntas obxectivas) para poder compensala e superar a materia.

Poderá valorarse, adicionalmente, calquera contribución realizada polos alumnos nas sesións presenciais.

Considerarase
que todo alumno que realice polo menos
unha das presentacións programadas optou pola avaliación
continua, non podendo renunciar á mesma.

O alumno que non siga o procedemento de avaliación continua deberá realizar un exame final, con parte teórica e parte práctica, que suporá o 100% da nota. A parte teórica consistirá
nun exame de preguntas obxectivas (tipo test) e a parte práctica na resolución de casos e/ou preguntas prácticas. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada parte para poder compensala e superar a materia. Mediante este exame, avaliaranse todas as competencias da materia.

Segunda oportunidade: os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, teñen dúas opcións:

- Realizar un exame, con parte teórica e parte práctica, que suporá o 100% da nota. A parte teórica consistirá
nun exame de preguntas obxectivas (tipo test) e a parte práctica na resolución de casos e/ou preguntas prácticas. É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) en cada parte para poder compensala e superar a materia. Mediante este exame, avaliaranse todas as competencias da materia.

- Conservar a nota obtida nas Presentacións (50%), sempre que sexa superior a 3.5 (sobre 10) en cada unha delas, e realizar unicamente o Exame de preguntas obxectivas (50%). É necesario alcanzar un mínimo de 3.5 (sobre 10) nesta proba para poder compensala e superar a materia.

Se en calquera das dúas oportunidades non se aproba a materia por non alcanzar o mínimo nalgunha proba ou parte, pero a puntuación total é superior a 5 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.5 (sobre 10).

A concreción das actividades a realizar dependerá en gran medida do número de alumnos, medios para traballar en grupo, etc.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2020-2021. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

IMPORTANTE: É obrigación dos alumnos coñecer e seguir as instruccións relativas as distintas probas de avaliación, tanto as contidas na Guía docente ou calqueira outro documento de organización da materia que o profesor poña a súa disposición, como as que se lle fagan chegar puntualmente a través das canles habituais (correo electrónico e/ou Faitic).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000