Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Estatística
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Realización de probas tipo test de cada tema. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas de avaliación da materia 40
Exame de preguntas de desenvolvemento Realización de probas sobre as prácticas realizadas 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo do curso,  o estudante deberá decidir o seu método de avaliación entre os seguintes:

AVALIACIÓN CONTINUA:

❍ As actividades e probas realizadas ao longo do curso para a avaliación continua constituirán un 100% da nota final.

❍ Aqueles estudantes que non alcancen unha nota final igual ou superior a 5 ptos. (sobre 10) terán a obriga de
ir a un exame final onde serán avaliados de acordo ao tipo de avaliación non continua.

❍ Poderánse  implementar metodoloxías alternativas para determinar se o estudante pode ou non seguir coa avaliación continua. 

AVALIACIÓN
NON CONTINUA:

Este sistema está pensado para aquel estudante que non pode
asistir a clase ou ás actividades desenvolvidas ao longo do curso. 

Constará dun exame final con dúas partes: unha parte de exercicios e teoría e  outra de práctica co  ordenador.

COMENTARIOS XERAIS:

As actividades de avaliación a realizar dependerán do número de estudiantes, medios para o traballo, etc. O estudiante estará correspondentemente informado de calquera cambio que se puidera producir debido a situacións imprevistas. 

Aquel estudiante que utilice ou coopere en procedementos fraudulentos (copiar, presentarse por outro alumno, plagio,...) en algunha das actividades de avaliación terá unha calificación final de suspenso en este curso académico. Este feito será comunicado á autoridade competente para que tome as accións disciplinarias que considere oportunas.

As datas e horarios das probas de avaliación dos diferentes períodos son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobados pola Xunta de Centro para o curso 2020-21. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos
exames prevalecerán os indicados na web da FCETOU

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000