Traballo |
O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escritura… |
20 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1 B4 B6 B7
|
C14 C15
|
D3 D5
|
A) PRIMEIRA EDICIÓN DAS ACTAS: O alumnado poderase acoller á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2). O alumnado deberá poñer en coñecemento do docente a cal das dúas opcións se acolle. Recoméndase a avaliación continua, sendo o sistema máis axeitado para a aprendizaxe da materia. Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenadores, teléfonos móbiles ou outros dispositivos electrónicos. A.1) Avaliación continua Para acollerse á avaliación continua, o alumnado deberá realizar as tarefas que se lle requiran ao longo do curso, tanto nas clases teóricas como nas prácticas, así como realizar tódalas probas de avaliación. Para superar a materia será necesario: 1) Obter unha nota mínima de 5 como resultado da media dos dous exames escritos parciais (40% + 40% da nota final). Cada un dos exames parciais terá as seguintes partes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (20%), Listening (20%). 2) Aprobalo exame oral cunha nota mínima de 5 (20% da nota final da materia). Os exames de avaliación continua non realizados contarán coma un “0” á hora de calculalas medias da avaliación continua. Para a segunda edición das actas (Xullo 2020) conservaranse as partes aprobadas: exame escrito (media do primeiro e segundo parcial) ou exame oral. A.2) Avaliación única O alumnado que non asista ás clases con regularidade nin realice ningunha proba parcial poderá presentarse á avaliación única, que consistirá nunha única proba global final que computará o 100% da cualificación final. A proba única constará das seguintes partes: 1) Exame escrito (80% da nota final da materia), que terá as seguintes partes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (20%), Listening (20%). Para aprobar a materia no exame escrito será necesaria una nota mínima de 5. 2) Exame oral (20% da nota final da materia). Para aprobar a materia, no exame oral haberá que obter unha nota mínima de 5. Os exames de avaliación única non realizados contarán coma un “0” á hora de calcular as medias da avaliación única. A data desta proba de avaliación única da primeira edición das actas será fixada pola facultade e publicada na súa páxina web. Conservaranse as partes aprobadas (exame escrito ou exame oral) para a segunda edición das actas (Xullo 2021). B) SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS (Xullo 2021): O alumnado que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será avaliado na segunda edición en xullo de 2021 mediante unha proba única que terá as mesmas características que a proba única da primeira edición das actas: 1) Exame escrito (80% da nota final da materia), que terá as seguintes partes: Use of English (40%), Writing (20%), Reading (20%), Listening (20%). Para aprobar a materia, no exame escrito será necesaria unha nota mínima de 5. 2) Exame oral (20% da nota final da materia). Para aprobar a materia, no exame oral haberá que obter unha nota mínima de 5. Os exames da segunda edición das actas non realizados contarán coma un “0” á hora de calcular as medias. A data desta proba de xullo 2021 será fixada pola facultade e publicada na súa páxina web. De non superar a materia en xullo de 2021, o/a alumno/a deberá examinarse da totalidade da materia en cursos académicos posteriores, xa que as partes superadas carecerán de validez para datas posteriores. |