Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Dirección estratéxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades 40 B1
B5
B13
B14
C1
C3
C5
C12
D1
Estudo de casos O alumno/a debe analizar casos reais coa finalidade de coñecelos, interpretalos, resolvelos, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos,
diagnosticar e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
40 B1
B2
B9
B10
B14
C11
C12
C13
Traballo Proxecto elaborado sobre un tema e debe redactarse seguindo unhas normas establecidas. 20 B1
B2
B5
B8
B9
B10
B11
B14
C11
C12
C13
D2
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua o longo do semestre. Para superar a materia o alumnado deberá  alcanzar como mínimo un 3,5 en cada
parte avaliada. Si non se aproba a materia por non alcanzar o mínimo nalgunha proba ou parte, pero a puntuación total é superior a 5 (sobre 10), a calificación en actas será 4.5 (sobre 10).

Na parte de Estudo de casos (40% da nota da materia materia) se irá cualificando ao longo do curso os traballos e proxectos entregados en prazo a través da plataforma Faitic. No Traballo (20% da nota) se calificaráo traballo desenvolvido ao longo do curso e a entrega final coa presentación. O exame de preguntas obxectivas (40%) de ser necesario farase de forma virtual e poderá ser oral ou escrito. Poderá valorarse adicionalmente calquera contribución realizada polo alumnado, tanto nas sesións presenciais como nas virtuais.



A
nota obtida polo alumnado nas probas de avaliación continua terá vixencia para as
convocatorias ás que dá dereito a matrícula de cada curso académico.



O alumnado non suxeito á avaliación continua: para superar a materia
deberán aprobar o exame de toda a materia na convocatoria dos exames
oficiais. Non poderá ter menos dun 3,5 sobre 10 en cada unha das partes
da proba (teórica e práctica) para poder compensala e superar a
materia. A parte teórica consistirá nun exame de preguntas obxectivas e a
parte práctica na resolución de casos e preguntas prácticas. Mediante
este exame, que de ser necesario farase de forma virtual, se avaliarán
todas as competencias da materia.



As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes
convocatorias serán as aprobadas pola Xunta de Centro para o presente
curso académico. En caso de conflito entre as datas dos exames
prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.



As especificación detalladas desta guía docente publicaranse na plataforma virtual da materia en Faitic


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000