Exame de preguntas obxectivas |
Resolución dunha proba ao final do cuadrimestre en relación cos coñecementos teórico-prácticos adquiridos, mediante cuestionario de preguntas obxectivas. |
30 |
|
B1 B2
|
C1 C2 C6 C7
|
D5
|
O método de avaliación exposto no
punto anterior é para a avaliación continua.
Para a avaliación continua a nota obtida polo alumnado nas distintas probas de avaliación
continua, se gardarán para a convocatoria de xullo. O alumnado que segue a avaliación
continua deberá presentarse a todas as probas de avaliación continua
especificadas, nas cales poderase exixir un mínimo en cada unha para consideralas
superadas. Se o alumno non obtén o mínimo especificado na proba final do
"Exame de preguntas obxectivas", non poderá compensar co resto das probas
realizadas na materia, polo tanto, a súa nota no acta será de suspenso e pola
nota obtida no citado exame de preguntas obxectivas. Avaliación non continua:
deberase realizar ao final do cuadrimestre un exame teórico-práctico sobre
todos os contidos da materia, 100% da materia (valor 10 puntos). Poderase exixir
un mínimo en cada unha das partes que conformen o exame. Polo tanto, se o
alumno non obtén o mínimo especificado en cada unha das partes a súa nota no acta
será de suspenso. Parte deste exame poderase realizar en ordenador. O alumnado
poderá optar entre avaliación continua a través das probas parciais (100% nota
final), ou de maneira alternativa, avaliación global de toda a materia nos exames
finais das convocatorias oficiais (100% nota final). Na convocatoria de fin de
carreira, o exame suporá o 100% da cualificación. As diferenzas entre sistemas
de avaliación e metodoloxías entre os distintos centros que imparten o Grao en
Administración e Dirección de Empresas na Universidade de Vigo, xustifícanse pola
necesaria adaptación na medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe
e adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións docentes de
cada centro, especialmente en cuanto ao tipo de grupos, e número medio de
alumnado por grupo. As probas de avaliación se prevén para unha modalidade presencial. Nembargantes,
chegado o momento da súa realización ante a imposibilidade de dispor dos espazos
e/ou profesorado necesario para realizar as mesmas, estas poderíanse realizar
de forma non presencial, ben a través dos distintos recursos telemáticos dispoñibles
na Uvigo (plataforma Faitic), correo electrónico ou no seu caso, mediante probas
de forma oral.
|