Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Incluirá a realización de probas de resposta curta escrita e orais, onde se avaliará o grao de aprendizaxe dos contidos de cada unha das actividades propostas ó longo do curso.

Algunha proba poderá ter carácter eliminatorio do sistema de avaliación continua.
90 B1
B5
B14
C2
Observación sistemática Actitude persoal e disposición ó traballo que permitan valorar o nivel de seguimento do conxunto de actividades da materia (presenciais e non presenciais). 10 B1
B2
B5
B8
B9
B13
B14
C2
C16
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da materia neste centro será preferentemente continua.

Para ser avaliado mediante o sistema de avaliación continuo é necesario que o estudante acade un rendemento satisfactorio mínimo en cada unha das probas realizadas. Estas probas poderán ser de diverso tipo (probas orais, resposta escrita). Cada ano, a traverso dos contidos do programa docente incluídos na Plataforma Tema, indicarase a cualificación mínima para continuar no sistema de avaliación continua.

Os estudantes que non sexan avaliados mediante o sistema de avaliación continuo poderán ser avaliados mediante un exame final. O exame final correspondente á primeira e segunda convocatoria seguirá o mesmo modelo e criterios de cualificación que o empregado nas "probas de resposta curta" empreagados ó longo do sistema de avaliación continuo.

Os estudantes que non participen na avaliación continua nin no examen final, figurarán nas actas como non presentados.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro. Neste centro, no caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000