Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Esta apartado pretende reflectir as adaptacións necesarias das guías para a impartición e avaliación da materia tanto en modalidade mixta como en modalidade non presencial no caso hipotético que non fora posible facelo mediante a modalidade presencial.

Diante desta situación, a actividade docente impartirase mediante o Campus Remoto, e preverase asemade o uso da plataforma de teledocencia Faitic como reforzo e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar para garantir a accesibilidade do alumnado aos contidos docentes.

O Campus Remoto incluirá:

+ a substitución das metodoloxías docentes presenciais pola súa versión virtual: as Leccións Maxistrais (teoría), Prácticas en Aulas Informáticas, e sesións de Lectura e Debate, substitúense por sesións en Aula Virtual e vídeos elaborados polos docentes (a disposición dos estudantes en Faitic) en combinación con traballo autónomo por parte do estudante, de xeito similar ó realizado durante a virtualización da materia durante o curso 2019-2020.

+ A realización das probas de avaliación necesarias.

+ A atención personalizada, mediante a creación de Foros en Faitic específicos de consulta de dúbidas, o emprego de despachos virtuais para consulta e titorías, o correo electrónico para dúbidas, ou mesmo a atención telefónica.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000