Informe de prácticas |
O desenvolvemento das prácticas completarase coa realización do informe correspondente. |
10 |
|
B3
|
C21 C30 C33
|
D1 D5 D7 D8 D16
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Exame final escrito consistente na resolución de problemas de
resposta extensa, ou exercicios e/ou cuestións teóricas, relativos aos contidos da materia desenvolvida (sesións de teoría, prácticas de laboratorio, etc.), e en tempo/condicións establecido/as polo profesor.
Este exame levará a cabo nas datas fixadas pola organización docente do centro en colaboración co coordinador designado polo Hospital Alvaro Cunqueiro |
70 |
|
|
C21 C30 C33
|
|
Para unha mellor coordinación coa formación práctica as sesións maxistrais e as prácticas clínicas hospitalarias impartiranse no Hospital Álvaro Cunqueiro.
- Realizarase unha Avaliación Continua do traballo do alumno nas prácticas ao longo das sesións de laboratorio
establecidas no cuadrimestre. Cada alumno obterá unha nota por cada práctica. A nota de laboratorio de cada alumno
obterase da media das notas de prácticas. As sesións sen asistencia serán puntuadas cun cero. Si a asistencia
ás sesións de prácticas é inferior ao 80%, a nota de laboratorio do alumno será cero. No caso de non superar a
Avaliación Continua, o alumno realizará un exame de prácticas na segunda convocatoria, unha vez superada a proba
teórica.
- A avaliación das prácticas para o alumnado que renuncie oficialmente á Avaliación Continua, realizarase nun
exame de prácticas nas dúas convocatorias, unha vez superada a proba teórica.
- A proba teórica consistirá nun exame escrito. En devandito exame poderase establecer unha puntuación mínima dalgún
conxunto de cuestións para superar o mesmo.
- Deberanse superar (nota igual ou superior a 5 sobre 10) ambas as partes (exame escrito e prácticas) para aprobar a materia.
No caso de non superar algunha das partes (nota inferior a 5 nesa parte), poderase aplicar un escalado das notas
parciais para que a nota final non supere o 4.5.
- Na 2ª convocatoria do mesmo curso o alumno deberá examinarse das partes non superadas na 1ª convocatoria, cos
mesmos criterios daquela.
Compromiso ético:
Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético
(copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global no presente curso académico será de
suspenso (0.0). |