A asistencia ás clases teóricas e prácticas é obrigatoria, salvo falta debidamente xustificada. A materia aprobarase ao obter unha cualificación igual ou maior que un 5 como nota final, obtida da seguinte forma: - Prácticas: as prácticas avaliaranse de forma global no exame final sobre 2 puntos (20%).
- Teoría: a teoría avaliarase nun exame final (exame con preguntas de tipo test e de resposta curta) sobre 8 puntos (80%), a realizar nas datas previstas, segundo estableza a escola, en xaneiro (primeira edición) e xullo (segunda edición).
Empregarase un sistema de cualificación numérica de 0 a 10 puntos segundo a lexislación recollida no RD 1125/2003 de setembro, BOE de 18 de setembro.
Para aprobar a materia hai que superar o 40% tanto da parte teórica como da parte práctica. Pola contra, a nota final será o resultado de multiplicar a nota total obtida (teoría + prácticas) por 0,5.
No caso de que a valoración final da materia non alcance o aprobado (5 puntos), pero si algunha das partes (teoría ou prácticas), manterase esa puntuación para a segunda oportunidade de exame (xullo).
Os alumnos repetidores doutros anos deberán realizar todas as actividades de aula e de laboratorio, das que serán avaliados.
*Compromiso ético: espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, e outros) considérase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso, a cualificación global no presente curso académico será de suspenso (0.0).
|