Actividades introdutorias |
Nesta actividade presentaráselles ós alumnos o temario que se desenvolverá ó longo do curso, así como os obxectivos, competencias e criterios de avaliación.
Do mesmo xeito, explicaraselles a forma de desenvolver a asignatura, e crearanse os grupos que realizarán os traballos e prácticas |
Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor dos aspectos xerais do programa de forma estructurada,
salientando os fundamentos e aspectos máis importantes ou de difícil comprensión para ó alumno. O profesor facilitará, a través da plataforma tem@, o material necesario para o correcto seguimento da materia. O alumno deberá traballar previamente o material entregado polo profesor e consultar a bibliografía recomendada para completar a
información. |
Prácticas de laboratorio |
Realizaranse experimentos de laboratorio e prácticas de campo en empresas do sector
biotecnolóxico. O alumno disporá dos guions de prácticas así como do material de apoio
preciso para unha adecuada comprensión dos experimentos a levar a cabo. O alumno
elaborará un informe final no que deberá recoller os principais resultados e conclusións, de
acordo cunha guía que se lles facilitará a través da plataforma tem@. Estas prácticas serán
avaliadas conxuntamente coas prácticas de campo |