Guia docente 2019_20
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química física II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Consistirán na exposición dos aspectos fundamentais de cada tema por parte do profesorado, tomando como base o material dispoñible na plataforma TEM@ (esquemas, boletíns de problemas, ...). Ademais da exposición de temas, tamén se formularán problemas numéricos que axuden a comprender e asentar os conceptos.
Seminario As clases de seminario serán principalmente labor do alumnado, baixo a supervisión do profesorado, e empregaranse fundamentalmente para:
- Resolución de problemas, tanto de maneira individual como en grupo.
- Incidir, unha vez o alumnado traballe os aspectos básicos, sobre aqueles contidos de cada tema que poidan presentar unha maior complexidade.
Prácticas de laboratorio Realización baixo a supervisión do profesorado pero de maneira autónoma, de prácticas de laboratorio ou de química computacional.
As ditas prácticas realizaranse por parellas e en sesións de 3,5 horas.
Coa antelación suficiente, o alumnado disporá na plataforma TEM@ dos guións das prácticas a realizar xunto con todo o material adicional necesario. O guión presentará os elementos esenciais para realizar a práctica a nivel experimental ou computacional, así como os puntos básicos do seu fundamento teórico e do tratamento dos datos.
Ao finalizar as prácticas, e dentro do prazo que fixe o profesorado, será necesario entregar o informe dunha delas, elaborado seguindo as directrices dadas polo profesorado.
Resolución de problemas de forma autónoma Para cada un dos temas, proporanse determinados "Problemas Avaliables" ou outros traballos que o alumnado deberá resolver ou realizar para entregar ao profesorado no prazo que se fixe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000