Guia docente 2019_20
Facultade de Química
Grao en Química
 Materias
  Química orgánica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Valorarase a participación en clase e a resolución por parte da/o estudante de todos os problemas e/ou exercicios propostos en tempo/condicións establecidas polo profesorado. 25 C2
C10
C11
C12
C13
C19
C20
D1
D4
D7
D8
D9
D14
Prácticas de laboratorio A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria.

O seguimento do traballo de laboratorio será avaliado como APTO/NON APTO. Neste apartado incluiranse os seguintes aspectos: fichas previas, desenvolvemento do traballo experimental, caderno de laboratorio, cuestións. Para superar a materia é imprescindible ser avaliado como APTO.
0 C21
C25
C26
C27
C28
D12
D13
D14
D15
Traballo O estudante elaborará un informe previo á realización dun pequeno proxecto no laboratorio na última semana de prácticas. 15 C20
C23
C25
D1
D4
D5
D9
D14
Exame de preguntas de desenvolvemento Primeira proba: 15%. Abarcará o contido correspondente aos tres primeiros temas.

Segunda proba: 15%. Abarcará o contido correspondente aos tres últimos temas.

Proba escrita da parte experimental: 15%. A realizar polo alumnado que teña acadado a mención de APTO no seguimento do traballo de laboratorio. Nesta proba avaliarase a adquisición, por parte do alumnado, de competencias e destrezas relacionadas cos aspectos experimentais da materia.

Proba global: 15%. Nesta proba avaliarase a adquisición, por parte do alumnado, de competencias e destrezas relacionadas cos aspectos teóricos da materia.
60 C2
C10
C11
C12
C13
C19
D3
D7
D12
D14
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia en xaneiro será necesario :

  • Acadar mención de APTO na avaliación do traballo de laboratorio.
  • Acadar unha cualificación mínima de 3 puntos sobre 10 en cada unha das dúas probas curtas teóricas (primeira proba e segunda proba) e na proba escrita da parte experimental.
  • Acadar unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 na proba global.

Se non se cumpre algunha das condicións anteriores, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada do apartado de probas (exame de preguntas de desenvolvemento).

  • Acadar unha puntuación mínima de 5.0 na suma ponderada de todos os apartados (resolución de problemas, traballo, probas [exame de preguntas de desenvolvemento]).

A cualificación final do estudantado que supere a materia poderá ser normalizada de xeito que a cualificación mais alta poda acadar un valor de ata 10 puntos.

A participación do estudante nalgún dos actos de avaliación da materia implicará a condición de presentado/a e, polo tanto, a asignación dunha cualificación. Considéranse actos de avaliación a asistencia a clases prácticas de laboratorio (25% ou máis) ou a entrega de traballos/exercicios encargados polo profesorado (25% ou máis) ou a realización de algunha proba.

Alumnado de 2ª e posteriores matrículas . A aqueles estudantes que aprobaron as prácticas de laboratorio nos cursos 2014-15, 2015-16 ou fosen avaliados con APTO nos cursos 2016-17, 2017-18 ou 2018-19 outorgaráselles mención de APTO no seguimento do traballo de laboratorio no curso académico 2019-20, non sendo necesaria a realización do traballo experimental novamente. Con todo, deberán realizar o informe do proxecto (15%) e a proba escrita da parte experimental (15%) para conseguir a cualificación correspondente á parte experimental da materia no curso académico 2019-20.

AVALIACIÓN EN XULLO

Poderá recuperarse o apartado Probas (Exame de preguntas de desenvolvemento), do seguinte xeito:

  • Probas (45%). Realizarase unha proba global na que se avaliarán as competencias adquiridas nos aspectos teóricos da materia. Deberá acadarse unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 para que se teña en conta o resultado desta proba na cualificación global da materia. Este resultado substituirá ás cualificacións das tres probas teóricas realizadas durante o cuadrimestre (primeira proba, segunda proba e proba global).
  • Proba escrita da parte experimental (15%). Deberá acadarse unha cualificación mínima de 3 puntos sobre 10. A nova cualificación substituirá á acadada na proba escrita da parte experimental de fin de cuadrimestre.

A cualificación final será a suma ponderada de todos os apartados (resolución de problemas, traballo, probas [exame de preguntas de desenvolvemento]), sempre que se superen os mínimos esixidos. De non ser o caso, a cualificación que figurará na acta será a cualificación ponderada do apartado de probas. No caso de que esta cualificación sexa inferior á obtida na avaliación de fin de cuadrimestre, a cualificación que figurará na acta será esta última.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000