A Avaliación do estudante realizarase do seguinte
xeito: - Exame final (60% da nota final). Realizarase un
único exame ao final do cuadrimestre que terá lugar na data, hora e lugar
establecido pola Dirección da Escola de Estudos Empresariais. - Probas de seguimento (40% da nota final). Estas
actividades desenvolveranse nas sesións prácticas. Só se poderán realizar nas
datas e sesións establecidas, debendo cada estudante asistir ao grupo que teña
asignado para a realización das mesmas. Para superar a materia é necesario cumprir dúas
condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na materia. O
resultado da avaliación expresaráse nunha escala de 0 a 10 puntos. No caso de superar o exame, a nota final da materia
resultará da suma da nota acadada no exame y nos probas de seguimento. No caso de non superar o exame, a nota final da
materia será a resultante de expresar a nota do exame final nunha escala de 10
puntos. Os alumnos que participen nalgunha proba de avaliación
continua e non se presenten ao exame final cualificaranse como suspensos e a
súa nota estará entre 0 e 4. As persoas que non desexen aproveitar o sistema de
avaliación continua poderán facer un exame (100% da puntuación) cun nivel de
dificultade superior ao anterior. A segunda convocatoria rexirase polas mesmas normas. O
exame da convocatoria extraordinaria terá lugar na data, hora e lugar
establecido pola Dirección da Escola de Estudos Empresariais. BOAS PRÁCTICAS: - Non está permitido facer uso de teléfonos móbiles,
ordenadores portátiles, tabletas ou similares nas sesións de traballo. Estes
deben estar desconectados, agás autorización expresa do profesor/a. - É imprescindible asistir ás sesións de aula co
material necesario para o seu desenvolvemento. - Calquera evidencia de probas plaxiadas ou copiadas,
total ou parcialmente, suporá unha calificación de suspenso en tódalas
convocatorias do curso académico. - Para a realización das probas só se permite o uso de
elementos de escritura e calculadora. - O estudante deberá presentarse ao exame debidamente
identificado, co seu D.N.I., pasaporte ou licenza de conducir, non sendo válido
outro documento. - Tódalas probas deberán ser entregadas á súa
finalización e baixo ningún concepto poderán ser sacados fora da aula. - A revisión de exames terá lugar só no horario e
lugar establecido polo profesor/a. |