Exame de preguntas de desenvolvemento |
Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta relativamente extensa. |
40 |
|
B1 B2 B3 B4 B6
|
C4 C6 C19 C20 C21 C22 C24
|
D1 D3 D4 D5 D6 D10 D11 D12 D14 D16 D17 D18
|
O alumno será obxecto de avaliación continua ao longo do curso académico mediante a realización de probas escritas de desenvolvemento, de resolución de problemas e/ou exercicios, así como da valoración das evidencias obtidas da súa participación activa no proceso de ensino-aprendizaxe froito da observación sistemática por parte do profesor. Durante o curso académico realizaranse diversas probas escritas de desenvolvemento que suporán o 30% da cualificación sobre unha base de 10 puntos, e recompilaranse evidencias sobre as manifestacións positivas por parte do alumnado no proceso de ensino/aprendizaxe froito da observación sistemática por parte do profesor, que suporán un 10% da cualificación sobre unha base de 10 puntos. Neste proceso de avaliación continua, na última semana do cuadrimestre realizarase unha última proba escrita que conterá preguntas de desenvolvemento e problemas e/ou exercicios e que suporá o 60% da nota da materia, correspondendo o 10% ás preguntas de desenvolvemento e o 50% resolución de problemas e/ou exercicios. A proba da última semana do cuadrimestre cualifícase sobre unha base de 10 puntos, sendo necesario obter, polo menos, 3 puntos para que teña efecto a valoración polo descrito proceso de avaliación continua. A materia está superada cando as achegas das cualificacións das probas anteriores á cualificación total alcance, como mínimo, 5 dos 10 puntos posibles. Os alumnos que non sigan ou non superen a materia polo sistema de avaliación continua anteriormente referido, poderán ser evaluados a través dun exame global escrito que se realizará nas datas oficiais establecidas polo centro, que será valorado cunha puntuación de 0 a 10 puntos, sendo necesario conseguir 5 puntos para superar a materia, e que incluirá soamente as metodoloxías de avaliación de preguntas de desenvolvemento (3 puntos) e de resolución de problemas e/ou exercicios (7 puntos). Os alumnos que concorran á oportunidade extraordinaria de xullo deberán realizar un exame global escrito da materia na data establecida polo centro, que será valorado cos mesmos criterios enunciados no parágrafo anterior Sempre e cando o ou a estudante supere a materia segundo os criterios antes descritos, sumarase a nota que obteña un máximo de 1 punto pola participación en determinadas actividades externas que eventualmente teñan lugar durante o cuatrimestre no que se imparta a materia, e que o profesorado desta materia considere de interese. Poderá tratarse de actividades organizadas polo centro,a universidade, ou outras entidades, como visitas a empresas, charlas, mesas redondas, conferencias, talleres, seminarios, ou similares. Para iso, o profesorado da materia comunicará previamente ó alumnado por os medios habituáis (en horas presenciáis ou por Faitic) aquelas actividades nas quea participación supoñerá un incremento da nota. Bonificarase a participación en cada actividade con 0,25 puntos, e ata un máximo de 1 punto; en calquera caso a nota final de a materia non poderá superar o máximo de 10. O alumnado deberá aportar algún documento acreditativo da súa participación en cada actividade que desexe que se lle contabilice nos prazos indicados pola persoa que coordine a materia. No caso de actividades organizadas polo centro, éste encargarase de recompilar dita información e trasladala a o profesorado. |