Para que a nota obtida na avaliación continua sume á do exame final, será preciso obter neste exame unha cualificación mínima de 2 puntos (sobre 5). Para os alumnos que non superaran a materia na convocatoria de maio-xuño, conservaráselles a cualificación obtida na avaliación contínua na convocatoria de xullo. Os alumnos que non se acolleran ao sistema que se establece nesta guía con inclusión da avaliación contínua, farán un exame diferente ao dos alumnos que seguiron o dito sistema e que constará dun cuestionario de dez preguntas e un caso práctico a resolver. O dito exame será avaliado sobre 10 puntos, dos que 7 corresponderán ó examen e 3 ó caso práctico. Tamén poderá acadarse un máximo de 1 punto pola participación en determinadas actividades externas que eventualmente teñan lugar durante o cuatrimestre. Poderá tratarse de actividades organizadas polo centro, a universidade, u outras entidades, como visitas a empresas, charlas, mesas redondas, conferencias, talleres, seminarios, ou similares. Para ello, o profesorado da materia comunicará previamente ao alumnado polos medios habituais (en horas presenciales ou por Faitic) aquelas actividades nas que a participación suporá un incremento da nota. Se bonificará a participación en cada actividade con 0,25 puntos, e ata un máximo de 1 punto; en calqueira caso a nota final da materia non poderá superar o máximo de 10. O alumnado deberá aportar algún documento acreditativo da sua participación en cada actividade que desexe que se le contabilice nos prazos indicados pola persoa que coordine a materia. No caso de actividades organizadas polo centro, éste encargarase de recopilar dita información e trasladala ao profesorado. |