Con este breve curso preténdese facer entender ao alumno os conceptos básicos de comportamento do son e a súa relación con determinados factores de calidade nunha construción, como pode ser o acondicionamento dun local ou o illamento ante ruídos externos.
Tras unha introdución a todos os fenómenos acústicos relevantes procederase a tratar o tema da absorción, tanto no comportamento de materiais como no seu uso para acondicionamento. O curso acaba discutindo as técnicas de illamento acústico, centrándose nas normativas que afectan directamente o illamento na construción