Na modalidade de avaliación continua os alumnos superan a asignatura si alcanzan a puntuación de
cinco puntos sen necesidade de realizar a proba da convocatoria ordinaria. Esíxese
un mínimo do 40% da nota máxima en cada parte. A modalidade de
avaliación continua será liberatoria, debendo recuperar unicamente, tanto na convocatoria
ordinaria como na de Xullo, aquelas partes non superadas ao longo do proceso de
avaliación continua. Tamén poderán presentarse ao exame final completo quen,
aínda habendo superando a materia na modalidade de avaliación continua, desexen
modificar a cualificación obtida. Os alumnos que
non superen a asignatura por evaluación continua deberán de realizar unha
proba final que contemplará a totalidade dos contidos da asignatura, tanto
teóricos como prácticos, e que poderá incluír probas de resposta curta e/ou longa,
resolución de problemas e desenvolvemento de supostos prácticos. Espérase que o alumno presente un comportamento ético axeitado. No caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparatos
electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global
no presente curso académico será de suspenso (0.0). |