Cartafol/dossier |
Documento elaborado polo estudante que recompila información sobre as experiencias, proxectos, tarefas e traballos realizados durante o proceso de formación.
Resultados de Aprendizaxe:
O estudante integrarase nos equipos da empresa pertencentes a cada un dos departamentos relacionados co deseño, industrialización e fabricación de produtos.
|
33 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B3 B7
|
|
D1 D2 D4
|
Informe de prácticas externas |
Elaboración dun traballo no que o alumno refire as características da empresa, institución pública ou centro de investigación onde realizou as prácticas, e descríbense as tarefas e funcións desenvolvidas.
Resultados de aprendizaxe:
O estudante integrarase nos equipos da empresa pertencentes a cada un dos departamentos relacionados co deseño, industrialización e fabricación de produtos. |
34 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B3 B7
|
|
D1 D2 D4
|
Compromiso ético: Espérase do/a estudante un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Dependendo do tipo de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o alumno
non alcanzou as competencias necesarias para superar a materia. Espérase do/a estudante un comportamento respectuoso, digno e de colaboración co sistema docente, profesorado, titores da empresa, coordinación e persoal de administración e servizos do máster. Calquera cuestión debida á falta de comportamento ético e digno do estudantado poderá ter repercusión sobre a avaliación da materia.
Existe un protocolo, aprobado pola Comisión Académica do máster, para establecer o procedemento de selección e asignación de prácticas externas en empresas. Ademais deste protocolo, que se atopa publicado no sitio web do master e da materia na
plataforma de docencia Faitic, publicarase o procedemento para a realización dos trámites documentais para as prácticas, e lémbrase que: O/A estudante deberá seguir o procedemento documental. En caso de non cumprir co disposto no devandito procedemento, en contido e forma, ben sexa na súa fase inicial, durante ou no remate das prácticas, avaliarase como “non presentado” na materia. |