A economía ambiental ofrece un marco teórico e empírico para a análise da relación entre actividades
económicas e medio ambiente. Mostra como as técnicas económicas poden ser aplicadas á análise de problemas ambientais. Esta materia está baseada na (a) teoría das externalidades e bens públicos, (b) a teoría da contaminación óptima, e na (c) teoría do benestar. Os temas a analizar inclúen os
conceptos de desenvolvemento sustentable; eficiencia económica, fallos de mercado, bens públicos ambientais, recursos naturais de propiedade común, externalidades; análise custo-beneficio, valor económico total, valor de uso/existencia/opción; valoración directa/indirecta, transferibilidade de beneficios; economía da contaminación; política ambiental tal como impostos, subvencións, permisos
intercambiables, ou regulación e acordos internacionais.