Exame de preguntas obxectivas |
Exame teórico-práctico que poderá consistir en contestar preguntas teóricas, preguntas curtas, preguntas tipo test |
50 |
|
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C10 C11 C12 C14 C16
|
D1 D2
|
O método de avaliación inicial será a avaliación continua, consistente en avaliar os resultados do alumno obtidos nunha proba realizada ao rematar a parte de creación de empresas da materia e a asistencia ás prácticas da parte de simulación da materia, a participación nas mesmas e a elaboración de documentos que os docentes solicitarán nas mesmas. Avaliaranse tamén os resultados do equipo do que se forme parte no xogo de empresa. Os detalles das puntuacións obtidas nas diferentes actividades a realizar na materia se explicitarán nas sesións correspondentes. Alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudiantado poderá optar por un único cambio a un sistema de avaliación non continua no que será avaliado cun exame final que suporá o 100% da calificación, tanto na convocatoria ordinaria como na extraordinaria. A convocatoria de fin de carreira, o exame suporá o 100% da cualificación. As datas dos exames da materia poderán ser consultados na páxina web da facultade http://fccee.uvigo.es A avaliación non continua consistirá nun exame teórico-práctico que poderá basearse en contestar preguntas teóricas, preguntas curtas, preguntas tipo test e na elaboración de modelos económico empresariais de carácter cuantitativo en folla de cálculo. |