Esta materia pretende que o estudante adquira unha visión ampla das diversas técnicas de recollida da información e se familiarice cos sistemas de análise e interpretación de datos. O obxectivo final da materia é que o alumno sexa capaz de desenvolver un proceso de investigación comercial.