Guia docente 2019_20
Facultade de CC. Económicas e Empresariais
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Materias
  Investigación comercial
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas A valoración neste contexto pode consistir na entrega de exercicos, exposicións orais ou na realización dun test. 30 B1
B5
B13
C6
D3
Prácticas autónomas a través de TIC Avaliarase a resolución dos cuestionarios vinculados ás sesións maxistrais. 10 B13
C6
D3
Exame de preguntas obxectivas Proba escrita que inclúe preguntas directas e breves sobre aspectos concretos do programa da materia. Será necesario
obter un mínimo nesta proba para avaliar o resto.
60 B1
B5
C6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia será necesario obter unha puntuación mínima de cinco puntos, sendo condición imprescindible obter como mínimo un 2,5 (sobre 6) no exame. A puntuación obtida nas prácticas autónomas a través das TIC e a resolución de problemas mantense na convocatoria ordinaria e extraordinaria do curso académico en vigor pero non se gardará para cursos sucesivos.

Os alumnos que non sigan a avaliación continua serán examinados mediante unha proba escrita valorada sobre 10 puntos, que non necesariamente coincidirá coa do resto dos alumnos. 

Aqueles/as alumnos/as que realicen as prácticas e non queiran seguir a avaliación contínua, teñen que comunicalo por escrito na práctica 1.

Na convocatoria de fin de carreira o exame suporá o 100% da nota.

A data dos exames pódese consultar na páxina web da facultade: http://fccee.uvigo.es/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000