Para o correcto seguimento da materia é preciso contar con acceso a internet e unha conta de correo electrónico, a utilización da Plataforma de Docencia Virtual e o o manexo de programas informáticos básicos (unha folla de cálculo e un procesador de textos).
Nos Centros da UVigo, a Plataforma de Docencia Virtual será a Plataforma Tem@.
Aqueles estudantes que non dispoñan de internet, poderán usar ordenadores de acceso libre existentes nas Facultades.
Para o alumnado da UVigo recoméndase a realización do curso virtual organizado pola Biblioteca "Coñece a Biblioteca e aprende a buscar, avaliar e utilizar a información", dirixido ao alumnado de 1º grao e que ten coma obxectivo que o estudante adquira os coñecementos básicos para buscar, analizar, seleccionar e organizar a información de xeito eficiente, así como utilizar e comunicar a información eficazmente de forma ética e legal.
Esta materia no PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas-Grado en Dereito impártese no 1º cuadrimestre do 1º curso. |