Resolución de problemas e/ou exercicios |
Exame escrito (8 puntos). Realizarase en dous partes: un exame parcial e unha proba final na data oficial establecida no calendario de exames.
O estudantado que supere o exame parcial (alcance polo menos 1,5 puntos sobre 4), só terá que examinarse, na proba final, dos temas restantes do programa. Quen non supere o exame parcial terá que examinarse de toda a materia na proba final.
A proba final constará de dous partes (a primeira corresponderase cos temas do exame do parcial, e a segunda, cos restantes temas do programa) cada unha das cales se valorará sobre 4 (é condición necesaria obter como mínimo 1,5 puntos en cada parte para poder aprobar a materia, sendo necesario obter 4 puntos ou mais para aprobar o exame e poder sumar esta nota á avaliación continua). A nota do exame obterase da media aritmética simple das cualificacións alcanzadas en cada parte. Esta nota sumarase á avaliación continua (si cúmprense os requisitos anteriores) e apróbase cunha nota de 5 puntos ou mais. |
80 |
|
B1 B2 B5 B6 B8 B10 B13
|
C2 C16
|
D1
|
Exame de preguntas obxectivas |
Realizaranse, polo menos, dúas probas escritas ao longo do cuadrimestre. Cada unha destas probas valorarase, como máximo, con 1 punto. |
20 |
|
B1 B2 B5 B6 B8 B10 B13
|
C2 C16
|
D1
|
O estudantado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua ou alternativamente optar a ser avaliado cun exame final que permita alcanzar o 100% da nota máxima.
En caso de optar pola avaliación continua (a cal levará a cabo mediante o sistema de avaliación descrito anteriormente) o exame da convocatoria oficial será parte da mesma do mesmo xeito que o resto de probas/exames que se realizan ao longo do cuadrimestre. En calquera caso, a nota do exame realizado na convocatoria oficial prevalecerá como cualificación final si esta fose superior á obtida mediante o sistema de avaliación continua.
Para aprobar a materia será preciso obter unha nota final igual ou superior a cinco puntos.
Na convocatoria extraordinaria de xullo mantense o mesmo sistema de avaliación que na convocatoria ordinaria.
Na convocatoria de fin de carreira o exame suporá o 100% da avaliación. |