Nas clases prácticas resolveranse exercicios que se lle proporcionarán ao alumnado con antelación para que os solucione antes da clase. Dese modo, identificará aquelas cuestións que lle resultan máis dificultosas e poderá dirimir as súas dúbidas na clase. Tamén se realizará o seguimento de aprendizaxe do estudiantado mediante pequenas probas e exercicios que terán que realizar e/ou entregar.
Seminario
Nos seminarios, en grupos reducidos, se efecturán diversas actividades dirixidas a afianzar os coñecementos adquiridos polo estudiantado nas clases teóricas e prácticas.
Lección maxistral
Nas clases teóricas exporanse os principais contidos dos distintos temas, desenvolvendo con máis detalle os puntos de maior complexidade. Para un adecuado seguimento e comprensión das clases é necesario que o alumnado lea con anticipación a bibliografía básica recomendada para cada un dos temas.
Universidade de Vigo
|
Rectorado |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000