Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Dirección de comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Os obradoiros terán un valor máximo conxunto de 1 punto, a dividir entre as sesións que finalmente se realicen. Os alumnos que falten a unha das sesións dedicadas a obradoiros perderán a puntuación correspondente desa sesión. 10 A2
D4
D5
D6
Traballo tutelado O plan de comunicación interna desenvolverase de xeito grupal e tutelado e terá un valor máximo de 1,5 puntos. Os alumnos que falten a unha das sesións dedicadas a este traballo, perderán 0,5 puntos da nota obtida neste. No caso dos alumnos que falten a dúas ou máis sesións das dedicadas ao traballo, a docente interpretará que non están a participar na súa elaboración e non obterán puntuación.

O plan de comunicación corporativa externa desenvolverase de xeito grupal e tutelado e terá un valor máximo de 3 puntos. Para a avaliación computarase as entregas parciais, a entrega final e a exposición. Sobre a cualificación obtida, os alumnos que faltasen a dúas sesións das dedicadas ao traballo perderán 0,5 puntos e os alumnos que faltasen a tres sesións perderán 1 punto. Os alumnos que falten a unha sesión non terán penalización. No caso dos alumnos que falten a máis de tres sesións das dedicadas ao traballo, a docente interpretará que non están a participar na súa elaboración e non obterán puntuación.
45 A2
C12
C14
D3
D4
D5
Exame de preguntas obxectivas Trátase dunha proba para avaliación das competencias adquiridas, que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellar elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
Valorarase o nivel de comprensión dos conceptos esenciais das materia e o grao de profundidade dos coñecementos do alumno.
45 C1
C4
C14
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PARTE TEÓRICA DA MATERIA:

Avaliarase a través do exame de preguntas obxectivas, que terá un valor máximo de 4,5 puntos. Como norma xeral, será necesario obter como mínimo 2,2 puntos para que esta puntuación se sume coas puntuacións da parte práctica. No caso de alumnos que completaran polo menos un 80% dos cuestionarios propostos para a súa realización durante as sesión teóricas a puntuación mínima necesaria para considerar o exame superado rebaixarase a 2 puntos. 


PARTE PRÁCTICA DA MATERIA: 

A materia está concibida como unha material presencial. Se ben nas sesións teóricas non se efectuará control de asistencia, esta si será relevante na avaliación da parte práctica. Como norma xeral, entenderase que tódolos alumnos da materia son alumnos presenciais e, polo tanto, deberán asistir ás sesións prácticas. No caso de que algún estudante, por razóns excepcionais e xustificadas, non puidese asistir con asiduidade ás sesións prácticas da materia deberá contactar coa docente coordinadora durante as dúas primeiras semanas de curso para expoñer o seu caso; a docente valorará as circunstancias aportadas polo estudante e decidirá se pode cursar a materia de xeito non presencial. Entenderase que todos aqueles alumnos que non contacten coa docente nas dúas primeiras semanas de curso para valorar esta excepcionalidade, rexeranse polos criterios de avaliación aplicables aos alumnos asistentes. 

RECUPERACIÓN DE PUNTUACIÓN POR FALTAS DE ASISTENCIA ÁS SESIÓNS PRÁCTICAS: 

O día do exame, os estudantes presenciais poderán recuperar toda ou parte da puntuación perdida polas faltas de asistencia respondendo unha ou varias preguntas adicionais, de tipo práctico ou de desenvolvemento: 

- Preguntas para alumnado que teña cualificación no plan de comunicación externa* e que teña un máximo de tres faltas nas sesións dedicadas a este traballo: presentaranse dúas preguntas. Os alumnos con tres faltas, deberán responder ás dúas para ter opción de recuperar a puntuación perdida. Os alumnos con dúas faltas, poderán escoller unha delas.

 - Pregunta para alumnos que teñan cualificación no plan de comunicación interna* e que teñan unha falta de asistencia nas sesións dedicadas a este traballo. 

- Preguntas para a recuperación da puntuación correspondente aos obradoiros: os alumnos deberán responder ás cuestións correspondentes ás sesións ás que non asistiron. 

*O alumnado que non teña puntuación nos traballos por non estar integrado en ningún dos grupos que efectuaron as entregas ou por ter máis faltas de asistencia das indicadas, non poderá recuperar puntuación nestes apartados. 

AVALIACIÓN DA PARTE PRÁCTICA NO CASO EXCEPCIONAL DO ALUMNADO NON ASISTENTE 

O plan de comunicación corporativa externa desenvolverase de xeito individual e non tutelado e terá un valor máximo de 3 puntos. Para a avaliación computarase a entrega final na data establecida, que será a mesma que a fixada para a entrega do traballo por parte dos alumnos asistentes. 

O plan de comunicación interna desenvolverase de xeito individual e non tutleado e terá un valor máximo de 1,5 puntos. Para a avaliación computarase a entrega final na data establecida, que será a mesma que a fixada para a entrega do traballo por parte dos alumnos asistentes. 

Recuperación de puntuación polas prácticas de aula non realizadas, ata un máximo de 1 punto: os alumnos deberán responder no exame ás preguntas prácticas ou de desenvolvemento correspondentes ás prácticas de aula non realizadas.

CUALIFICACIÓN FINAL E REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:

Para superar a materia será necesario cumprir dous requisitos:

- Obter no exame de preguntas obxectivas unha puntuación mínima de 2,2 puntos. Esta puntuación rebáixase a 2 no caso de estudantes que teñan completado polo menos un 80% dos cuestionarios realizados durante as sesións teóricas. 

- Sumar entre tódolos elementos de avaliación unha puntuación mínima de 5.


RECUPERACIÓN DA MATERIA (2ª EDICIÓN) 

 Os alumnos que non se presenten ao exame da primeira edición ou
non superen a materia, terán a opción de facelo na edición de recuperación
(xullo). As porcentaxes establecidas para a avaliación da materia serán as
mesmas que as da primeira edición. Polo tanto, o alumno que desexe optar a
superar a materia na edición de xullo, ademais de presentarse ás probas, deberá
contactar cos profesores para saber qué traballos deberá desenvolver en
correspondencia cos traballos tutelados e cos obradoiros.



Se o alumno non supera a materia  na segunda edición deberá
cursala novamente, adaptándose á guía docente que estea vixente no curso en
cuestión, e, polo tanto, non conservará ningunha das cualificacións obtidas no
presente curso.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000