Lección maxistral |
Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. |
Traballo tutelado |
O estudante desenvolverá dous proxectos grupais de tipo práctico baixo as directrices e supervisión das docentes. Estas proxectos consistirán na elaboración dun plan de comunicación interna a partir dun diagnóstico previo e un plan de comunicación corporativa externa. A realización destes proxectos implica traballo na aula (nas sesións prácticas correspondentes), e tamén o desenvolvemento de actividades autónomas do estudante. Os traballos deberán ser entregados en tempo e forma e serán expostos nas sesións prácticas da materia. |