Guia docente 2019_20
Facultad de CC. Sociales y de la Comunicación
Grao en Publicidade e Relacións Públicas
 Materias
  Técnicas de comunicación electoral e institucional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio Valorarase cada unha das prácticas de obradoiro e simulación (xogo de rol) programadas. A falta de entrega ou presentación de calquera dos traballos prácticos requeridos en tempo e forma suporá a non superación da parte práctica da asignatura. A puntuación total deste apartado dependerá da puntuación e asignación decidida polo alumnado (dentro dunha horquella de 1 a 3 puntos) sobre o resultado das eleccións que se celebrarán no centro. O prazo máximo para a xustificación de calquer falta de asistencia a calquera das prácticas será de 15 días. 40 C9
C12
C14
D6
Exame de preguntas de desenvolvemento Para aprobar a asignatura será necesario superar ambas partes, práctica (70%) e teórica (30%). O exame será tipo test na primeira convocatoria de maio/xuño e de desenvolvemento na segunda de xullo 30 A3
B3
C2
C9
Traballo Valorarase a realización de dous traballos grupais, un relacionado con aspectos da comunicación político-electoral e outro coa comunicación e publicidade público-institucional. A falta de entrega ou presentación, en tempo e forma, de calquera dos traballos prácticos suporá a non superación da parte práctica da asignatura.
30 A3
B3
C12
C14
D6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia, tanto en maio / xuño como en xullo, é necesario aprobar as partes teórica e práctica. No caso dos alumnos/ as non presenciais, a puntuación será dun 50% a parte teórica e dun 50% a parte práctica, sendo necesario superar tamén ambas as partes para aprobar a materia. A falta de entrega ou presentación de calquera dos traballos prácticos requiridos, en tempo e forma, supoñerá a non superación da parte práctica da materia. No caso de estudantes non presenciais, calquera proposta de compensación ou consideración da parte práctica debe presentarse antes do 20 de febreiro e de acordo co profesor da materia. Non se aceptará ningunha proposta de realización de traballo práctico despois desa data. O uso de teléfonos móbiles na aula non está autorizado.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000