O temario que figura no apartado de contidos
constitúe unha versión resumida das leccións que serán
obxecto de exame. Oportunamente, a comezo do curso académico, proporcionaráselle
ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que
conforman cada lección.
Primeira oportunidade de exame: 1.-
Os alumnos que se someten a avaliación continua serán avaliados
conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: proba final
(60%), probas de resposta curta ou test (20%) e seminarios (20%). En todo caso, o alumnado deberá alcanzar
unha cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle
teñan en conta as cualificacións obtidas mediante o sistema de
avaliación
continua. Os alumnos/as que se someten a avaliación
continua teñen a posibilidade de optar, no prazo establecido pola
docente, pola realización da proba final teórica de modo escrito.
Para iso deberán incluír o seu nome na listaxe que se lles facilitará
semanas antes da data de realización da proba final. Recibiranse
indicacións ao respecto a través da plataforma FAITIC. Para
ser avaliado de forma continua é necesaria a asistencia as
clases teóricas e prácticas con regularidade (en ningún caso a
inasistencia a clase poderá ser superior ao 10% das horas de docencia) 2.-
Alumnos que NON se someten a avaliación continua, ou que queden
excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada polo 80%
da cualificación obtida no exame teórico oral e o 20% da
cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último
diferente ao que realicen os alumnos de avaliación continua. Estes alumnos
teñen a posibilidade de optar, no prazo
establecido pola docente, pola realización da proba final
teórica de modo
escrito. Para iso deberán incluír o seu nome na listaxe que se lles
facilitará
semanas antes da data de realización da proba final. Recibiranse
indicacións ao respecto a través da plataforma FAITIC.
Segunda oportunidade de exame: 1.-
No exame de xuño/xullo só realizarase unha proba final, que
constará de duas partes: unha práctica escrita (na que se resolverán
un ou varios casos prácticos) e unha teórica oral (na que se formularán
distintas preguntas sobre o temario da materia). 2.- O alumnado que se someteu ao sistema de avaliación continua conservará a nota que obtivo no curso. 3.-
Para os alumnos que non se someten a avaliación continua ou que queden
excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada polo 80%
da cualificación obtida no exame teórico oral e o 20% da
cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo este último
diferente ao que realicen os alumnos de avaliación continua. 4.- Aos
alumnos que se someteron ao sistema de avaliación continua e non
superasen a proba final nin na primeira oportunidade de exame nin
na segunda, conservaráselles a nota obtida a través de devandito sistema
durante curso académico seguinte, sempre que o alumno manifeste
o seu acordo.
CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA
O
exame da convocatoria de Fin de carreira será unha proba
teórico-práctica escrita, cuxa cualificación será o 100% da nota.
A cualificación estará integrada polo 80% da cualificación obtida
no exame teórico e o 30% da cualificación obtida no exame
práctico. Non se terá en conta en ningún caso a avaliación continua
do ano anterior.
METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL METODOLOXÍA E AVALIACIÓN DA MODALIDADE SEMIPRESENCIAL
NORMAS BÁSICAS DE SEMIPRESENCIALIDADE: 1. O alumnado matriculado na modalidade semipresencial comprométese co equipo docente a seguir un réxime de "avaliación continua semipresencial", que implica a participación presencial ou virtual nas actividades que o profesorado deseñe para a dita modalidade. 2. A modalidade semipresencial supón a avaliación continua da aprendizaxe do alumnado. A tal fin establécese con carácter xeral, que a proba final obrigatoria terá lugar de modo presencial na data e hora establecidas no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade, supoñendo o 60% da nota global. Este exame final consistirá nunha proba teórico-práctica. O 40% restante corresponderase coa avaliación continua, que pode realizarse ben a través de medios virtuais (empregando a plataforma FAITIC) ou ben asistindo ás sesións prácticas presenciais distribuidas ao longo do cuatrimestre. 3. O alumnado que non participe en máis do 80% das actividades “de avaliación continua semipresencial” propostas polo profesorado, será avaliado nun 100% en función dos resultados obtidos na proba final teórico-práctica. |