Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
A4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado. |
A5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B3 |
Capacidade de escoita, de lectura comprensiva e habilidades de comunicación oral e escrita |
B7 |
Capacidade para a xestión de conflitos interpersoais e inclinación cara á mediación e a negociación |
B9 |
Ser capaz de recoñecer e implementar boas prácticas derivadas de procesos e accións como base para a innovación e a creatividade |
C22 |
Adquirir os elementos básicos das habilidades directivas e de relacións humanas |
D6 |
Habilidades nas relacións interpersoais (lealdade, actitudes e condutas positivas, etc.) que favorezan a eficacia interpersoal |
D7 |
Motivación pola calidade e a mellora continua e a innovación |
D8 |
Capacidade para o traballo cooperativo en equipo/grupo e aberto a diferentes puntos de vista e opinións |
D10 |
Capacidade de liderado (disposición a asumir responsabilidades) e de delegación de responsabilidades no manexo de grupos de traballo |