Guia docente 2019_20
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Creación de contidos dixitais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A avaliación dos coñecementos asociados á Sesión Maxistral e ás Prácticas en aulas de Informática avalíanse conxuntamente.
A avaliación ao alumno realizarase mediante exames. As probas que conformen o exame poderán ser tipo test, cuestións, desenvolvemento, exercicios e/ou probas orais en función da parte do temario que se estea avaliando.
Permitirá avaliar os seguintes resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA3, RA4
20 A4
A5
B4
B9
C3
C4
C12
C13
C14
C20
D1
D5
D9
D17
D20
D24
Presentación Inclúe a preparación dun tema, a súa exposición oral, formulación de exercicios aos compañeiros e avaliación dos mesmos. O traballo será avaliado por compañeiros e compañeiras, ademais de por o profesorado da materia, atendendo á calidade xeral da presentación e ás habilidades e actitudes mostradas polos compoñentes do grupo. Permitirá avaliar os seguintes resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5 20 A4
B4
B9
C3
C4
C13
C20
D9
D15
D17
D20
D24
Prácticas en aulas informáticas A avaliación dos coñecementos asociados á Sesión Maxistral e ás Prácticas en aulas de Informática avalíanse conxuntamente.
A avaliación ao alumno realizarase mediante exames. As probas que conformen o exame poderán ser tipo test, cuestións, desenvolvemento e/ou exercicios en función da parte do temario que se estea avaliando.
Permitirá avaliar os seguintes resultados de aprendizaxe: RA2, RA5
20 A4
B4
B9
C3
C4
C12
C13
C14
C20
D1
D5
D20
Traballo Todos os alumnos deberán realizar un traballo ou proxecto final da materia. O proxecto realizarase de forma individual.
O traballo final consistirá na creación dunha presentación que conteña un conxunto de elementos dixitais creados coas distintas ferramentas presentadas en clase e utilizadas nas prácticas da materia.
A idea do traballo final será proposta ao profesor para a súa aceptación. Este requisito é necesario para que o traballo sexa válido. A idea do traballo poderá ser modificada, a petición do alumno, sempre que haxa un tempo razoable entre a petición de modificación e a data final de entrega do traballo.
Permitirá avaliar os seguintes resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5
40 A4
A5
B4
B9
C3
C4
C12
C13
C14
C20
D1
D5
D11
D15
D16
D17
D20
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
O desenvolvemento da materia ao longo do
curso presenta de forma paralela fundamentos teóricos e manexo de ferramentas
de creación de contidos dixitais.
Os fundamentos teóricos presentaranse ao
longo das sesións teóricas previstas nos horarios do centro. A avaliación
realizarase ao final do cuadrimestre mediante un exame.
O desenvolvemento da materia ao longo do
curso presenta técnicas básicas na realización de contidos dixitais de carácter
gráfico. O tratamento dixital de contidos 2D e 3D, desde a súa creación ata a
súa edición, modificación e publicación serán presentados de forma teórica,
pero é na práctica onde está o verdadeiro valor do manexo destas técnicas.
O desenvolvemento de contidos bidimensionais
e tridimensionais desenvolverase ao longo das prácticas en aulas de informática
durante todo o cuadrimestre. Os contidos prácticos están totalmente
relacionados cos fundamentos teóricos presentados nas sesións maxistrais, por
esta razón, presentaranse de forma sincronizada. Os contidos organízanse en
prácticas de duración variable e o seu desenvolvemento poderán
requirir unha ou varias sesións. As prácticas serán desenvolvidas de forma
individual polo alumno e deberán ser entregadas ao profesor para a súa
corrección ao longo do curso, unha vez finalizadas e nos prazos previstos na
planificación da materia. En ningún caso, a entrega efectiva dunha práctica
superará en máis dunha semana á data prevista para a súa finalización.

CRITERIOS
DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS

Os alumnos deberán facer un exame ao
final do cuadrimestre, o cal, cubrirá aspectos relacionados cos fundamentos
teóricos e prácticos da materia. O exame poderá conter preguntas tipo test,
cuestións e exercicios. O cálculo da nota final asociada a este exame, NF_Teoría,
será valorada entre 0 e 10 representando un 20% da Nota_Final. En caso de
aprobar será liberatorio durante o ano académico que foi superada a parte. NF_Teoría
non poderá ser inferior a 4 para superar a materia.

A avaliación do traballo ou proxecto
final, NF_Proxecto, realizarase sobre 10 e terá en conta aspectos técnicos,
estéticos, gramaticais, e todos aqueles relacionados coa obtención de
resultados de calidade técnica. Os traballos serán realizados de forma
individual. NF_Proxecto non poderá ser inferior a 4 para superar a materia. A
resolución totalmente satisfactoria de todas as prácticas previstas, NF_Prácticas
representarán unha nota máxima de 2 puntos sobre os 10 puntos totais que pode obter
como nota final un alumno. A entrega das prácticas é necesaria para poder optar
a esta puntuación, aínda que non é un requisito obrigatorio para aprobar a
materia. A nota correspondente a NF_Prácticas só poderá ser obtida durante o
proceso de avaliación continua e no caso de que o alumno teña valoración 0
neste apartado esa será a nota que constará durante o ano académico en curso
para ese apartado. A nota NF_Presentacións representa unha nota máxima de 2
puntos sobre os 10 puntos totais que pode obter como nota final un alumno. É
necesario que TODOS os alumnos, á marxe da presencialidade ou non, realicen as
presentacións previstas durante o desenvolvemento da materia.

O cálculo final da nota
realizarase seguindo a seguinte forma:

Nota_Final = NF_Teoría*20% + NF_Proxecto*40%
+ NF_Prácticas + NF_Presentacións  
Onde  NF_* > = 4; Excepto NF_Prácticas.

Todos os alumnos deberán pórse en
contacto co profesor responsable da materia para obter o seu usuario de acceso
á plataforma docente Classter.

CRITERIOS
DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES

Os alumnos que queiran superar a materia de forma
NON PRESENCIAL poderán aprobar a materia superando as probas expostas segundo a
descrición anterior para obter a NF_Teoría, NF_Presentacións e NF_Proxecto. A
nota relativa a NF_Prácticas poderase obter seguindo os pasos descritos nos
parágrafos anteriores do mesmo xeito que farán os alumnos PRESENCIAIS. Para
todos os alumnos habilitarase unha conta de usuario na plataforma de e-learnig
da materia mediante a cal se presentarán de forma telemática as prácticas
propostas. Todos os alumnos deberán pórse en contacto co profesor responsable
da materia para obter o seu usuario de acceso á plataforma. No caso dos alumnos
que opten pola modalidade NON PRESENCIAL a conta de usuario e o proxecto final
deberanse asignar nas 6 primeiras semanas desde o comezo do curso. Esta
asignación realizarase por parte do profesor responsable e a petición expresa
do alumno mediante escrito asinado por ambas as partes. 

CRITERIOS DE
AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA

Empregarase o mesmo sistema de avaliación descrito
para a primeira edición de actas tanto no caso de asistentes como de non
asistentes. Os alumnos que se presenten en segunda edición, despois de
presentarse á primeira edición, só o terán que facer das partes non superadas.
A avaliación correspondente á convocatoria extraordinaria de fin de carreira
axustarase aos mesmos parámetros descritos anteriormente na modalidade
PRESENCIAL e na NON PRESENCIAL.

PROCESO DE CUALIFICACIÓN
DE ACTAS

Todos os alumnos están obrigados a realizar e/ou
presentar as probas necesarias para calcular a cualificación que corresponda ás
notas NF_Teoría, NF_Presentacións e NF_Proxecto que se describen a
continuación. Os alumnos que non realizasen as probas asociadas con NF_Teoría
terán a cualificación de Non Presentado. Os alumnos que non presentasen os
traballos asociados a NF_Proxecto ou as presentacións asociadas a NF_Presentacións,
serán cualificados coa nota calculada segundo detállase a continuación, se esta
nota é inferior a 4. No caso de que a nota calculada sexa superior a 4 a
cualificación de Nota_Final será 4.

DATAS DE
AVALIACIÓN.

Os exames oficiais da materia de Creación de
Contidos Dixitais desenvolveranse nas datas e horarios publicados na páxina web
da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI). Todas as datas de exame son
as aprobadas pola Xunta de Centro da ESEI. O calendario de probas de avaliación
aprobado oficialmente pola Xunta de Centro dá ESEI atópase publicado na páxina
web http://www.esei.uvigo.es.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000