Guia docente 2019_20
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Desenvolvemento de aplicacións para internet
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio Asistencia regular e participación activa no laboratorio de prácticas.

RESULTADOS DE APRENDIZAXE: RA1, RA2 e RA5.
5 A2
A4
A5
B6
B9
C4
C5
C12
C13
C18
C19
C20
C27
C36
D1
D5
D6
D8
D10
D13
D16
D18
D19
D20
D22
D24
Proxecto Realización dun proxecto no que se apliquen de forma práctica os contidos teóricos e prácticos da materia.

RESULTADOS DE APRENDIZAXE: RA1, RA2, RA3, RA4 e RA5.
40 A2
A3
A5
B6
B9
C4
C5
C12
C13
C14
C18
C19
C20
C27
C36
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D10
D13
D16
D18
D19
D20
D22
D24
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de diferentes probas e actividades ó longo do curso que recollerán contidos de carácter teórico e práctico correspondentes á materia impartida durante as clases de aula.

RESULTADOS DE APRENDIZAXE: RA2 e RA5.
40 A2
A5
B6
C4
C5
C18
C19
C20
C27
C36
D1
D8
D16
D18
D22
Presentación Preparación e presentación en pequenos grupos dun tema relacionado coa materia. Na avaliación do traballo terase en conta o contido do traballo, a presentación oral do mesmo e a contextualización dentro da materia. Ademáis, avaliarase a capacidade do alumnado para calificar os traballos presentados polos compañeiros.

RESULTADOS DE APRENDIZAXE: RA2
15 A4
A5
C5
C27
C36
D1
D10
D16
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 1ª EDICIÓN DAS ACTAS

Consideraranse como alumnos asistentes aqueles que asistan, alomenos, a un 25% das clases prácticas que se teñan en conta na metodoloxía de "Prácticas de laboratorio".

[Asistentes]
Cualificación final = 0.15 * nota das "Presentación" + 0.05 * nota por "Prácticas de laboratorio" + 0.4 * nota dos "Proxecto" + 0.4 * nota da "Resolución de problemas"

[Non asistentes]
No caso dos non asistentes o traballo de "Presentación" substituirase por un "Traballo teórico" que o alumno deberá entregar e defender de forma individual ante o profesorado da materia. Os resultados de aprendizaxe e competencias desta actividade son os mesmos que os do traballo de "Presentación".

Cualificación final = 0.15 * nota do "Traballo teórico" + 0.4 *
nota dos "Proxecto" + 0.45 * nota da "Resolución de problemas"


CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 2ª EDICIÓN DAS ACTAS E FIN DE CARREIRA

No caso das edicións das actas segunda e fin de carreira, o traballo de "Presentación" substituirase por un "Traballo teórico" que o alumno deberá entregar e
defender de forma individual ante o profesorado da materia. A avaliación será a mesma para asistentes e non asistentes. Os resultados de aprendizaxe e competencias desta actividade son os mesmos que os do traballo de "Presentacións/exposicións".

Cualificación final = 0.15 * nota do "Traballo teórico" + 0.4 *
nota dos "Proxecto" + 0.45 * nota da "Resolución de problemas"


PROCESO DE CALIFICACIÓN DAS ACTAS

En calquera das convocatorias, o alumno deberá superar cada unha das metodoloxías de avaliación e das probas parciais das que se compoñen para superar a materia. Considerarase que unha metodoloxía de avaliación está superada cando se obteña unha puntuación igual ou superior ao 50% da nota máxima da devandita metodoloxía. Ademais, considerarase que unha proba está superada cando se obteña unha puntuación igual ou superior ao 40% da nota máxima da devandita proba. No caso de que un alumno non supere algunha das metodoloxías e/ou probas, asignarase un máximo de 4.9 puntos como nota final da materia.

No caso concreto da metodoloxía de "Prácticas de laboratorio" non se requerirá unha puntuación mínima.


DATAS DE AVALIACIÓN

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI atópase publicado na páxina web http://www.esei.uvigo.es.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000