Guia docente 2019_20
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Desenvolvemento áxil de aplicacións
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización dun proxecto grupal no que se aplicarán de forma práctica metodoloxías áxiles simulando un entorno real.

Cada grupo de traballo deberá facer varias entregas nas que cada alumno será avaliado polo traballo individual, o traballo grupal e por unha proba escrita na que se avaliarán os seus coñecementos do proxecto e da metodoloxía empregada.

RESULTADOS DE APRENDIZAXE: RA1, RA3, RA4 e RA6.
50 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B5
B9
B12
C7
C8
C9
C12
C22
C25
C26
C28
C29
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D13
D15
D16
D20
D21
D22
D24
Presentación Preparación e presentación en pequenos grupos dun tema relacionado coa materia. Na avaliación do traballo terase en conta o contido do traballo, a presentación oral do mesmo e a contextualización dentro da materia. Ademais, avaliarase a capacidade do alumnado para calificar os traballos presentados polos compañeiros.

RESULTADOS DE APRENDIZAXE: RA2, RA4 e RA5.
10 A3
A4
A5
B9
D1
D3
D5
D7
D9
D10
D11
D15
D16
D18
D22
Proxecto Realización dun proxecto grupal no que se aplicarán de forma práctica metodoloxías áxiles simulando un entorno real.

Cada grupo de traballo deberá facer varias entregas nas que cada alumno será avaliado polo traballo individual, o traballo grupal e por unha proba escrita na que se avaliarán os seus coñecementos do proxecto e da metodoloxía empregada.

RESULTADOS DE APRENDIZAXE: RA1, RA3, RA4 e RA6.
40 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B5
B9
B12
C7
C8
C9
C12
C22
C25
C26
C28
C29
D1
D2
D3
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D13
D15
D16
D20
D21
D22
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

MÉTODO DE AVALIACIÓN

No inicio da materia os alumnos deberán cubrir un formulario no que indiquen o método polo que desexan ser avaiados (asistentes ou non asistentes). Aqueles alumnos que non entreguen este formulario serán avaliados polo método de non asistentes.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 1ª EDICIÓN DAS ACTAS

[Asistentes]
Cualificación final = 0.1 * nota de "Presentación" + 0.4 * nota dos "Proxecto" + 0.5 * nota da "Resolución de problemas e/ou exercicios"

[Non asistentes]
No caso dos non asistentes o traballo de "Presentación" realizarase de forma individual e só se presentará ante o profesorado da materia. Os resultados de aprendizaxe e competencias desta actividade son os mesmos que os do traballo de "Presentación".

Cualificación final = 0.1 * nota do "Traballo teórico" + 0.4 * nota dos "Proxecto" + 0.5 * nota da "Resolución de problemas e/ou exercicios"


CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 2ª EDICIÓN DAS ACTAS E FIN DE CARREIRA

No caso das edicións das actas segunda e fin de carreira, o traballo de "Presentación" realizarase de forma individual e só se presentará ante o profesorado da materia. A avaliación será a mesma para asistentes e non asistentes. Os resultados de aprendizaxe e competencias desta actividade son os mesmos que os do traballo de "Presentación".

Respecto ao traballo de "Proxecto", no caso de que o alumno traballase nun proxecto durante o curso, deberá continuar co devandito proxecto. En caso contrario, poderá incoroporarse a un proxecto existente ou iniciar un novo proxecto, según o criterio do profesorado.

Cualificación final = 0.1 * nota de "Traballo teórico" + 0.4 * nota dos "Proxecto" + 0.5 * nota da "Resolución de problemas e/ou exercicios"


PROCESO DE CUALIFICACIÓN DAS ACTAS

En calquera das convocatorias, o alumno deberá superar cada unha das metodoloxías de avaliación e das probas parciais das que se compoñen para superar a materia. Considerarase que unha metodoloxía de avaliación está superada cando se obteña unha puntuación igual ou superior ao 50% da nota máxima da devandita metodoloxía. Ademais, considerarase que unha proba está superada cando se obteña unha puntuación igual ou superior ao 40% da nota máxima da devandita proba. No caso de que un alumno non supere algunha das metodoloxías e/ou probas, asignarase un máximo de 4,9 puntos como nota final da materia.


DATAS DE AVALIACIÓN

O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI atópase publicado na páxina web http://www.esei.uvigo.es.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000