Guia docente 2019_20
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Dirección e xestión de proxectos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral A avaliación dos coñecementos asociados á Sesión Maxistral e ás Prácticas de Laboratorio avalíanse conxuntamente.
A avaliación ao alumno realizarase mediante exames. As probas que conformen o exame poderán ser tipo test, cuestións, desenvolvemento e/ou exercicios en función da parte do temario que se estea avaliando.
Permitirá avaliar os seguintes resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6, RA7, RA8.
40 A3
B1
B2
B12
C8
C14
C22
C29
C30
C31
Prácticas de laboratorio A avaliación dos coñecementos asociados á Sesión Maxistral e ás Prácticas de Laboratorio avalíanse conxuntamente.
A avaliación ao alumno realizarase mediante exames. As probas que conformen o exame poderán ser tipo test, cuestións, desenvolvemento e/ou exercicios en función da parte do temario que se estea avaliando.
Permitirá avaliar os seguintes resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA3, RA4, RA7, RA8.
20 B1
B2
B12
C8
C29
C31
D1
D9
D16
D24
Presentación Inclúe a preparación en pequenos grupos dun tema, a súa exposición oral, formulación de exercicios aos compañeiros e avaliación dos mesmos. O traballo será avaliado por compañeiros e compañeiras, ademais de por o profesorado da materia, atendendo á calidade xeral da presentación e ás habilidades e actitudes mostradas polos compoñentes do grupo. Permitirá avaliar os seguintes resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA8. 10 D1
D6
D9
D16
D17
D24
Traballo Todos os alumnos deberán realizar un traballo ou proxecto final da materia. O proxecto desenvolverase en grupos. Excepcionalmente, e previa aprobación por parte do profesor, poderanse realizar traballos individuais.
O proxecto final consistirá na redacción, planificación e simulación dun proxecto orixinal que proporá cada grupo de alumnos, e que deberá ser aceptado por parte do profesor.
Permitirá avaliar os seguintes resultados de aprendizaxe: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6, RA7, RA8.
30 B1
B2
B12
C8
C14
C22
C29
C30
C31
D1
D6
D9
D16
D17
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS



O contido teórico da materia está dividido en dous partes que
serán avaliadas independentemente. Cada alumno deberá obter un mínimo dun 4 en
cada unha das partes para poder superar a materia. Se un alumno obtén en
algures unha nota inferior a 4 ou non se presenta estará suspenso ou non
presentado, segundo o caso.



A avaliación de cada parte realizarase por separado e levará a
cabo segundo a descrición que se recolle en Sesión Maxistral e Prácticas de
Laboratorio dentro do epígrafe Avaliación para cada unha das Metodoloxías.
Valorarase sobre 10 e en caso de aprobar será liberatorio durante o ano
académico que foi superada a parte.



A porcentaxe de relevancia na nota final de teoría de cada parte é
o seguinte: Introdución (50%) e PmBok (50%).



O cálculo da nota final asociada á sesión maxistral e ás prácticas
de laboratorio, NF_Teoría, realizarase mediante o sumatorio das notas (Nn)
obtidas na avaliación de cada parte multiplicado pola súa porcentaxe de
relevancia.



NF_Teoría = N1*0,5+N2*0,5      Onde Nn >= 4;



A primeira convocatoria para a avaliación da primeira parte do
contido teórico da materia, Introdución, poderase realizar no exame que se
desenvolverá a metade do cuadrimestre, na semana 8 ou 9 segundo a planificación
horaria da ESEI para o segundo cuadrimestre. En caso de obter unha nota
inferior a 4 o alumno poderá optar á recuperación deste contido na segunda
convocatoria prevista no calendario da ESEI.  



A primeira convocatoria para a avaliación da segunda parte do
contido teórico da materia, PMBok, poderase realizar no exame que se
desenvolverá ao finalizar do cuadrimestre, na semana 16 segundo a planificación
horaria da ESEI para o segundo cuadrimestre. En caso de obter unha nota
inferior a 4 o alumno poderá optar á recuperación deste contido na segunda
convocatoria prevista no calendario da ESEI.



A avaliación do traballo ou proxecto final, NF_Proxecto,
realizarase sobre 10 e terá en conta aspectos técnicos, estéticos, gramaticais,
e todos aqueles relacionados coa obtención de documentos de calidade técnica.
Os traballos serán realizados en grupo en caso de avaliación presencial. NF_Proxecto
non poderá ser inferior a 4 para superar a materia e a data de entrega será a
mesma que a prevista para o exame da parte teórica PMBok.



Os alumnos que non superen algunha das partes na correspondente
primeira convocatoria, poderán optar a superala na segunda convocatoria en base
ao calendario proposto pola ESEI. Para a avaliación do traballo ou proxecto
final, en segunda convocatoria, é de aplicación este mesmo criterio, e o
traballo será entregado ao profesor na mesma data prevista para o exame de
segunda convocatoria.



A avaliación final do alumno realizarase tendo en conta as
porcentaxes indicadas nos apartados anteriores desta avaliación. Neste sentido
o cálculo final da nota realizarase seguindo a seguinte forma:



Nota_Final = NF_Teoría*60% + NF_Proxecto*30% + Seminarios*10%
 



Onde NF_* >= 4;



A nota correspondente a Seminarios só poderá ser obtida durante o
proceso de avaliación continua e no caso de que o alumno teña valoración 0
neste apartado esa será a nota que constará durante o ano académico en curso
para o correspondente apartado.



Os alumnos que se presenten en segunda convocatoria só o terán que
facer das partes non superadas sen detrimento de o indicado no parágrafo
anterior.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES



Os alumnos que non participasen de forma presencial nas
actividades propostas na materia, poderán aprobar a materia superando as probas
expostas segundo a descrición anterior para obter a NF_Teoría e se obteñen unha
NF_Proxecto superior a un 5 nun proxecto que o profesor responsable da materia
asignoulle nas 6 primeiras semanas desde o comezo do curso. Esta asignación
realizarase por parte do profesor responsable e a petición do alumno por
escrito asinado por ambas as partes.



A avaliación final do alumno realizarase tendo en conta as
porcentaxes indicadas nos apartados anteriores. O cálculo final da nota
realizarase seguindo a seguinte forma:



Nota_Final = NF_Teoría*60% + NF_Proxecto*40% 



Onde NF_* >= 5;

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN
DE CARREIRA



Empregarase o mesmo sistema de avaliación descrito para a primeira
edición de actas tanto no caso de asistentes como de non asistentes.



Os alumnos que se presenten en segunda edición, despois de
presentarse á primeira edición, só o terán que facer das partes non superadas.



A avaliación correspondente á convocatoria extraordinaria de fin
de carreira axustarase aos mesmos parámetros descritos anteriormente na modalidade
PRESENCIAL e na NON PRESENCIAL.

PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS



Todos os alumnos están obrigados a realizar e/ou presentar as
probas necesarias para calcular a cualificación que corresponda ás notas NF_Teoría
e NF_Proxecto que se describen nos apartados anteriores. Os alumnos que non
realizasen as probas asociadas con NF_Teoría terán a cualificación de Non Presentado.
Os alumnos que NON presentasen os traballos asociados a NF_Proxecto
serán cualificados coa nota calculada seguindo o mecanismo comentado nos
apartados anteriores, se esta nota é inferior a 4. No caso de que a nota
calculada sexa superior a 4 a cualificación de Nota_Final será 4.

DATAS DE AVALIACIÓN.



Os exames oficiais  da materia de Dirección e Xestión de
Proxectos desenvolveranse nas datas e horarios publicados na páxina web da
Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI). Todas as datas de exame
son as aprobadas pola Xunta de Centro da ESEI. 



O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola
Xunta de Centro dá ESEI atópase publicado na páxina web
http://www.esei.uvigo.es.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000