Guia docente 2019_20
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Dirección e xestión de proxectos
   Competencias
Código Descrición
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B1 Capacidade para concebir, redactar, organizar, planificar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da enxeñaría en informática que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos , a concepción, o desenvolvemento ou a explotación de sistemas, servizos e aplicacións informáticas.
B2 Capacidade para dirixir as actividades obxecto dos proxectos do ámbito da informática de acordo cos coñecementos adquiridos.
B12 Coñecemento e aplicación de elementos básicos de economía e de xestión de recursos humáns, organización e planificación de proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización no ámbito dos proxectos informáticos, de acordo cos coñecementos adquiridos.
C8 Capacidade para planificar, concibir, despregar e dirixir proxectos, servizos e sistemas informáticos en tódolos ámbitos, liderando a súa posta en marcha e mellora continua e valorando o seu impacto económico e social
C14 Capacidade para analizar, deseñar, construír e manter aplicacións de forma robusta, segura e eficiente, elixindo o paradigma e as linguaxes de programación máis axeitadas
C22 Coñecemento e aplicación dos principios, metodoloxías e ciclos de vida da enxeñería de software
C29 Capacidade de identificar, avaliar e xestionar os riscos potenciais asociados que puidesen presentarse
C30 Capacidade para deseñar solucións apropiadas nun ou máis dominios de aplicación utilizando métodos da enxeñería do software que integren aspectos éticos, sociais, legais e económicos
C31 Capacidade para comprender a contorna dunha organización e as súas necesidades no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicacións
D1 I1: Capacidade de análise, síntese e avaliación
D6 I6: Capacidade de deseñar e realizar experimentos sinxelos e analizar e interpretar os seus resultados
D9 I9: Capacidade de tomar decisións
D16 S1: Razoamento crítico
D17 S2: Compromiso ético e democrático
D24 S9: Ter motivación pola calidade e a mellora continua
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000