Guia docente 2019_20
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Bases de datos I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Resultados de aprendizaxe avaliados: RA4, RA5, RA7, RA8, RA9, RA10, RA11, RA12.
5 A2
B3
B4
B6
B9
C18
C34
D1
D2
D3
D5
D7
D8
D9
D10
D11
D15
D16
D18
D19
D20
D22
Exame de preguntas obxectivas Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3, RA6, RA9, RA10, RA11. 10 A2
B3
B4
B9
C4
C5
C7
C15
C18
C19
C22
C25
C26
C27
C28
C30
C31
C33
C34
C35
C36
Resolución de problemas e/ou exercicios Resultados de aprendizaxe avaliados: RA3, RA4, RA5, RA7, RA8, RA10, RA11, RA12.
80 A2
B3
B4
B6
B9
C4
C5
C7
C15
C18
C19
C22
C25
C26
C27
C28
C30
C31
C33
C35
C36
Resolución de problemas e/ou exercicios Resultados de aprendizaxe avaliados: RA7, RA9, RA10. RA11 5 A2
B3
B4
B9
C4
C5
C7
C18
C19
C22
C25
C26
C27
C28
C30
C31
C34
C35
D1
D2
D3
D5
D7
D8
D9
D10
D11
D15
D16
D19
D20
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS

Realización de probas ao longo do curso que recollerán contidos teórico-prácticos correspondentes á materia impartida durante as clases de aula e laboratorio. Para a liberación da materia, o alumno deberá cumprir as seguintes condicións:
a) Alcanzar un mínimo de 4 puntos (sobre 10) en cada unha das probas.
b) A media ponderada, segundo o peso de cada proba, debe ser igual ou superior a 5 puntos (sobre 10). A cualificación total desta parte será o 90% da cualificación total.
Observacións:
a) Todos os estudantes que se presenten a calquera das probas é porque seguen a materia de forma presencial, e por tanto serán avaliados co procedemento descrito anteriormente.
b) O 10% restante da cualificación pódese obter pola participación e resolución de exercicios en aula ou laboratorio. 
c) Informarase da data de celebración das probas cunha antelación mínima de dúas semanas. O aviso publicarase na ferramenta http://faitic.uvigo.es.
d) En caso de superar algunha das probas, gardarase esa nota ata a convocatoria de xullo.
e) Non se gardarán cualificacións entre cursos académicos. 
f) As cualificacións provisionais poderanse consultar vía web a través do portal http://faitic.uvigo.es
g) A cualificación en actas, será a media de todas as cualificacións das probas superadas (>=4). Este cálculo é o 90% da cualificación final, ao que hai que sumar o 10% da participación e resolución de exercicios en clase. No caso de que algunha das probas non estea aprobada (<4), farase a media, e se esta saíse >=5, a cualificación en actas será de 4 (SUSPENSO).

2.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES

Os/as estudantes que non se presenten a ningunha das probas deseñadas para a avaliación continua, terán dereito a un exame nas convocatorias do curso, segundo os seguintes criterios:
Metodoloxía/Proba 1: avaliación de teoría.
- Descrición: Esta proba constará dunha serie de preguntas de tipo test, curtas e exercicios.
- Cualificación: A cualificación obtida suporá o 50% da cualificación final, sempre que esta sexa igual ou superior a 5. 
- Competencias avaliadas: (CB2, CG3-4-6-9, CE4-5-7-15-18-19-22-25-26-27-28-30-31-33-34-35-36).
- Resultados de aprendizaxe avaliados: (RA1-2-3-4-6-7-8-9-10-11-12)

Metodoloxía/Proba 2: avaliación de prácticas
- Descrición: Esta proba constará de exercicios sobre o modelo MERE e consultas SQL.
- Cualificación: A cualificación obtida suporá o 50% da cualificación final, sempre que esta sexa igual ou superior a 5. 
- Competencias avaliadas: (CB2, CG3-4-6-9, CE4-5-7-15-18-19-22-25-26-27-28-30-31-33-35-36).
- Resultados de aprendizaxe avaliados: (RA4-7-8-12)

Observacións:
a) Non se gardarán partes entre convocatorias nin entre cursos académicos.
b) As cualificacións provisionais poderán consultarse vía web a través dá ferramenta http://faitic.uvigo.es.
c) A cualificación en actas será a media da cualificación da proba de teoría coa de prácticas, sempre que ambas estean aprobadas (>=5). No caso de que algunha das probas non estea superada (<5), a cualificación en actas será a media, agás se esta sae >=5, nese caso a cualificación en actas sería de 4 (SUSPENSO).

3.- CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA
Empregarase o mesmo sistema de avaliación aplicado para non asistentes.

4.- PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS
Independentemente da convocatoria, en caso de non superar algunha parte da avaliación e a puntuación global fose superior a 5 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.

5.- DATAS DE AVALIACIÓN
Pódense atopar no calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, que se atopa publicado na páxina web http://www.esei.uvigo.es.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000