Guia docente 2019_20
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Sistemas operativos I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio PROBAS DE LINUX:
Realizaranse varias probas individuais usando un computador do centro, que constarán de varios problemas de estrutura similar aos realizados durante o desenvolvemento da materia.
A nota final deste apartado será a media ponderada das probas realizadas.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA5 e RA6
25 A2
A4
B4
B8
B9
C16
C29
C37
D1
D2
D5
D8
D11
D19
D24
Exame de preguntas obxectivas PROBAS DE TEORÍA (INCLÚE TEORÍA E ACTIVIDADES DE TEORÍA):

NOTA: como pódese comprobar polo subtítulo, estas probas realízanse xunto coas probas de Resolución de problemas e/ou exercicios (PROBAS DE TEORÍA (INCLÚE TEORÍA E ACTIVIDADES DE TEORÍA)). Polo tanto, cada proba incluirá os dous epígrafes e proporcionará unha única nota. A media ponderada destas probas (que inclúen os dous epígrafes) terá un valor do 50% sobre a nota final.

Realizaranse varias probas individuais e escritas correspondentes aos contidos impartidos na Lección maxistral e Resolución de problemas.
Con estas probas preténdese comprobar se o estudante vai alcanzando as competencias, e constarán de preguntas tipo test e cuestións a razoar.
Ademais da materia específica que abarque cada unha destas probas, débese ter en conta que se necesitarán e usarán conceptos dos temas anteriores, xa que todos os contidos da materia están interrelacionados.

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3 e RA4.
30 A2
A4
B4
B8
B9
C4
C7
C8
C15
C26
C29
C32
C35
C37
D1
D2
D5
D10
D16
Resolución de problemas e/ou exercicios ACTIVIDADES DE TEORÍA:
En clase realizaranse, de forma individual ou en grupo, entregas continuas de cuestionarios, problemas ou exercicios acordes ás actividades realizadas.
Estas entregas non se poderán recuperar no caso de que o estudante non asista á sesión correspondente e asignaráselle unha cualificación de 0 nelas.

Resultados de aprendizaxe evaluados: RA1, RA2, RA3 e RA4
15 A2
A4
B4
B8
B9
C7
C15
D1
D2
D5
D6
D7
D8
D10
D11
D12
D15
D16
D18
D19
D22
D24
Práctica de laboratorio ENTREGABLES DE LINUX:
En clase realizaranse, de forma individual ou en grupo, entregas continuas de cuestionarios e resolución de problemas correspondentes aos contidos dos guiones proporcionados. Estas entregas non poderán ser recuperadas no caso de que o estudante non asista á sesión correspondente e asignaráselle unha cualificación de 0 nelas.

Resultados de aprendizaxe evaluados: RA5 e RA6
10 A2
A4
B4
B8
B9
C16
C29
C37
D1
D2
D5
D8
D11
D15
D16
D18
D19
D24
Resolución de problemas e/ou exercicios PROBAS DE TEORÍA (INCLÚE TEORÍA E ACTIVIDADES DE TEORÍA):

NOTA: como póodese comprobar polo subtítulo, estas probas realízanse xunto coas probas de Exame de preguntas obxectivas (PROBAS DE TEORÍA (INCLÚE TEORÍA E ACTIVIDADES DE TEORÍA)). Polo tanto, cada proba incluirá os dous epígrafes e proporcionará unha única nota. A media ponderada destas probas (que inclúen os dous epígrafes) terá un valor do 50% sobre a nota final.

Realizaranse varias probas individuais e escritas correspondentes aos contidos impartidos na Lección magistral e Resolución de problemas. Con estas probas preténdese comprobar si o estudante vai alcanzando as competencias, e constarán de cuestións a razoar e problemas.
Ademais da materia específica que abarque cada unha destas probas, débese ter en conta que se necesitarán e usarán conceptos dos temas anteriores, xa que todos os contidos da materia están interrelacionados.

Resultados de aprendizaxe evaluados: RA1, RA2, RA3 e RA4.
20 A2
A4
B4
B8
B9
C4
C7
C8
C15
C26
C29
C32
C35
C37
D1
D2
D5
D10
D16
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS

Proceso de avaliación:       

  1. "Exame de preguntas obxetivas" e "Resolución de problemas e/ou exercicios" (Probas de Teoría que inclúen tamén as Actividades de Teoría). Serán varias probas individuais e escritas correspondentes aos contidos impartidos na Lección magistral e Resolución de problemas (Actividades de Teoría). A media ponderada destas probas corresponderá ao 50% da nota final.
  2. Práctica de laboratorio (Probas de LINUX). Serán varias probas sobre computador que corresponderá ao 25% da nota final tras facer a media ponderada de ditas probas.
  3. Prácticas de laboratorio (Entregables de LINUX). Varias entregas que corresponderá ao 10% da nota final tras facer a media ponderada de ditas entregas.
  4. Resolución de problemas e/ou exercicios (Actividades de Teoría). Varias entregas que corresponderá ao 15% da nota final tras facer a media ponderada de ditas entregas.
Todos os estudantes que se presenten a calquera das probas enténdese que seguen a materia de forma presencial e por tanto deberán de seguir o procedemento de avaliación descrito anteriormente. No caso de que un estudante non se presente a algunha das probas asignaráselles unha cualificación de 0 nelas.

Para aplicar as porcentaxes e calcular a cualificación final é
necesario obter como mínimo un 4 (sobre 10) en cada un dos apartados 1 e 2 descritos anteriormente no proceso de avaliación, pero só se considerará que o estudante superou a materia se dita cualificación final é igual ou superior a 5 (sobre 10).

O estudante que presentándose de forma presencial non supere a materia perderá, para a 2ª edición de actas e resto de convocatorias, as notas obtidas nos apartados 3 e 4. Ademais, a súa cualificación final obterase aplicando as seguintes porcentaxes aos outros dous apartados: 65% ao apartado 1 e 35% ao apartado 2. No entanto, no caso de que dita cualificación sexa igual ou superior a 5, a nota final será de 4,9.

Se o estudante que se presenta de forma presencial, non supera a materia, pero obtén como nota media nalgún dos apartados 1 e 2 unha cualificación maior ou igual a 4 (sobre 10), conservaráselle dita nota para a segunda opción.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES

Metodoloxía / Proba 1: "Exame de preguntas obxetivas"  e "Resolución de problemas e/ou exercicios"
Descrición: proba individual escrita que constará de preguntas tipo test, cuestións a razoar e problemas de estrutura similar aos realizados durante o desenvolvemento da materia.
% Cualificación:  65% da nota final.
Competencias avaliadas: CB2, CB4, CG4, CG8, CG9, CE4, CE7, CE8, CE15, CE26, CE29, CE32, CE35, CE37, CT1, CT2, CT5, CT10 e CT16
Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3 e RA4
---------------------------   
Metodoloxía / Proba 2: Práctica de laboratorio.
   
Descrición: proba individual sobre un computador do centro que consistirá na resolución de problemas similares aos expostos durante as Prácticas de laboratorio.    
% Cualificación:  35% da nota final.   

Competencias avaliadas: CB2, CB4, CG4, CG8, CG9, CE16, CE29, CE37, CT1, CT2, CT5, CT8, CT11, CT19 e CT24   

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA5 e RA6

--------------------------- 
Para aplicar as porcentaxes e calcular a cualificación final é necesario obter como mínimo un 4 (sobre 10) en cada unha desas dúas probas, pero só se considerará que o estudante superou a materia se dita cualificación final é igual ou superior a 5 (sobre 10). No caso de que nalgunha proba a nota non sexa superior ou igual a 4 (sobre 10), aínda que a cualificación obtida aplicando as porcentaxes sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a nota final será de 4,9 (sobre 10).


CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA

Empregarase o mesmo sistema de avaliación aplicado para non asistentes.


PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS


Independentemente da convocatoria, no caso de non superar algunha parte da avaliación pero a puntuación global fose igual ou superior a 5 (sobre 10), a cualificación en actas será de 4,9.


DATAS DE AVALIACIÓN

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2019/2020


OBSERVACIÓNS   

Independentemente da convocatoria teranse en conta os seguintes aspectos:
  1. as probas sobre o computador poderán ser substituídas por probas
    escritas dependendo da viabilidade de realizar as ditas probas sobre
    os computadores,
  2. para poder realizar as probas sobre o computador, o
    estudante terá que asegurarse de que dispón de conta de usuario na
    máquina na que se realizan as Prácticas de laboratorio.

  3. non se poderá usar calculadora nin ningún dispositivo que permita
    realizar operacións aritméticas durante a realización das probas e/ou
    actividades.

  4. lémbrase a todo o alumnado a prohibición de uso de dispositivos móbiles,  wareables ou
    ordenadores portátiles durante as probas de exame en cumprimento do
    artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos
    deberes do estudantado universitario, que establece o deber de
    "Abstenerse de la utilización o cooperación en procedimientos fraudulentos
    en las pruebas de evaluación, en los trabajos que se realicen o en documentos
    oficiales de la universidad".
 
A todos aqueles estudantes que superasen, cunha nota igual ou
superior a 5 (sobre 10), algunha das dúas partes das que se compón a materia, nalgún dos
cursos académicos comprendidos entre 2010/2011 e 2018/2019 gardaránselles as
notas para o curso 2019/2020, aplicándolle as porcentaxes descritas nesta
guía docente. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000