Guia docente 2019_20
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Física: Sistemas dixitais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Durante o período de exames finais correspondente á convocatoria de Xaneiro farase un exame escrito. En dito exame se plantexarán diversas cuestións e problemas sobre a materia vista ao longo do curso nas clases de teoría. O exame se valorará sobre 8 puntos. A influencia deste exame na nota final da convocatoria de Xaneiro detállase no apartado “Outros comentarios e avaliación de Xullo”.
Os resultados de aprendizaxe son: RA1, RA2, RA3 y RA4
80 A1
A2
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
C3
C7
C10
C14
C19
C25
C27
C28
C30
C32
D1
D2
D3
D5
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
D24
Prácticas de laboratorio Durante o curso propoñerase a realización dunha serie de prácticas no laboratorio de Electrónica consistentes na montaxe e/ou simulación de diversos circuítos. A influencia das prácticas na nota final correspondente a primeira convocatoria detállase no apartado de “Outros comentarios e avaliación de Xullo”). Para que se poida considerar que están feitas correctamente todas as prácticas é necesario cumprir as seguintes normas:

1º: Cada vez que haxa que facer unha práctica hai que levar ao laboratorio os problemas de deseño que se indican no enunciado da mesma correctamente resoltos nunha folla de papel. En dita folla débense indicar todos os cálculos feitos para resolver os problemas de deseño que se expoñen no enunciado da práctica. Tamén hai que levar o enunciado da práctica impreso nunha folla de papel.

2º: De acordo co que se indique no enunciado da correspondente práctica, no laboratorio hai que facer a montaxe e/ou a simulación de diversos circuítos e comprobar o seu correcto funcionamento.

En caso de non cumprirse algunha das condicións anteriores, a calificación da correspondente práctica será de 0 puntos.
Os resultados de aprendizaxe son: RA1, RA2, RA3 y RA4.
10 A1
A2
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
C3
C7
C10
C14
C19
C25
C27
C28
C30
C32
D1
D2
D3
D5
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
D24
Resolución de problemas Durante o curso propoñerase a realización dunha serie de tarefas como actividades non presenciais. Ditas tarefas consistirán na resolución dunha serie de problemas e/ou exercicios sobre os conceptos vistos previamente nas clases de teoría. Se se entregan todas as tarefas propostas correctamente resoltas, dentro do prazo fixado para cada unha delas, a este apartado asignaráselle unha cualificación de 1 punto na nota final da convocatoria de Xaneiro. Entregar todas as tarefas é un requisito indispensable para poder aprobar a materia na convocatoria de xaneiro (ver detalles no apartado de “Outros comentarios e avaliación de Xullo”).
Os resultados de aprendizaxe son: RA1, RA2, RA3 y RA4
10 A1
A2
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
C2
C3
C7
C10
C14
C19
C25
C27
C28
C30
C32
D1
D2
D3
D5
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
D24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
As persoas que se presentan como non asistentes deben comunicalo por escrito ao profesor responsable da materia antes de que transcorran as 3 primeiras semanas do cuadrimestre. De non facelo así se lles considerará como asistentes.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS:

Ás persoas asistentes aplicaráselles o seguinte procedemento de avaliación (ver apartado de avaliación descrito anteriormente):

_ A cualificación final das prácticas será de 1 punto no caso de que se fagan todas as prácticas correctamente e se cumpran todas as normas indicadas no apartado denominado Avaliación. No caso de que se incumpra algunha das devanditas normas ou de que non se fagan correctamente todas as prácticas, a cualificación será de 0 puntos.

_ A cualificación final das tarefas (resolución de exercicios e/ou problemas) será de 1 punto no caso de que se entreguen todas as tarefas propostas ao longo do curso correctamente resoltas, dentro dos prazos fixados. E será de 0 puntos no caso de que non sexa así.

_ O exame valorarase sobre 8 puntos, sendo necesario obter unha nota igual ou maior que 4 puntos para aprobalo.

Cualificación en actas: no caso de que a cualificación obtida pola realización das prácticas sexa inferior a 1 punto e/ou a cualificación obtida pola resolución das tarefas sexa inferior a 1 punto e/ou a cualificación obtida no exame sexa inferior a 4 puntos, a nota final que se poñerá no acta será a que se obtivo no exame limitándoa a un valor máximo de 3 puntos. No caso de que a cualificación das prácticas sexa de 1 punto, de que a cualificación das tarefas sexa de 1 punto e de que a nota obtida no exame non sexa inferior a 4 puntos, a nota final que figurará no acta na convocatoria de Xaneiro será a suma das notas obtidas nas prácticas mais (+) a nota obtida nas tarefas máis (+) a nota obtida no exame.
Nota: a máxima nota numérica que se pode poñer nun acta na universidade de Vigo é de 10 puntos.


CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS:

As competencias adquiridas por non asistentes na primeira convocatoria (xaneiro) avalíanse mediante dúas probas:

Proba 1: avaliación teórica

Descrición: exame escrito no que se expoñen diversas cuestións e problemas relativos aos temas indicados no apartado Contidos desta materia.

Cualificación: dita proba valorarase sobre 8 puntos, sendo necesario obter unha nota mínima de 4 puntos para poder aprobar a materia. Este exame farase o mesmo día, á mesma hora e no mesmo lugar que o correspondente exame indicado anteriormente para asistentes.

Competencias avaliadas: todas

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3 e RA4

Proba 2: avaliación práctica

Descrición: proba no laboratorio de Electrónica consistente no deseño, montaxe e/ou simulación de un ou de varios circuítos. É responsabilidade das persoas que se presenten como non asistentes aprender a manexar o hardware (placas de adestramento de Alecop) e o software (Multisim) que se utiliza nas prácticas desta materia con antelación ao día de realización desta proba.

Cualificación: esta proba valorarase sobre 2 puntos e farase durante o período de exames finais da convocatoria de xaneiro. O día e a hora á que comezará esta proba establecerano os profesores da materia de acordo coa dispoñibilidade do laboratorio de Electrónica.

Competencias avaliadas: todas

Resultados de aprendizaxe avaliados: RA1, RA2, RA3 e RA4

Cualificación en actas: no caso de obter unha nota inferior a 4 puntos no exame e/ou unha nota inferior a 1 punto na proba feita no laboratorio, a nota final que se poñerá na acta será a suma da nota obtida no exame escrito máis a nota obtida na proba feita no laboratorio, limitándoa a un valor máximo de 3 puntos. No caso de que se obteña unha nota igual ou superior a 4 puntos no exame e se obteña unha nota igual ou superior a 1 punto na proba feita no laboratorio, a nota que se poñerá na acta será a suma de ambas as notas (a obtida no exame máis a obtida na proba feita no laboratorio).

Advertencia: no caso de que se entregue algunha tarefa e/ou se faga algunha práctica enténdese que se segue a materia de forma presencial e, por tanto, aplicarase o procedemento de avaliación para asistentes.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 2ª EDICIÓN DE ACTAS:

No caso de non aprobar a materia na convocatoria de Xaneiro, disponse dunha segunda oportunidade no presente curso na convocatoria de Xullo. O sistema de avaliación na devandita convocatoria consiste no seguinte:

Proba: avaliación teórica.

Descrición: exame escrito no que se expoñen diversas cuestións e problemas sobre os contidos desta materia.

Cualificación: para aprobar a materia nesta segunda convocatoria é necesario obter unha nota igual ou superior a 5 puntos no devandito exame, o cal se valorará sobre 10 puntos.

Cualificación en actas: Se a nota obtida no exame é inferior á nota obtida na primeira convocatoria, entón a nota final que figurará no acta será a obtida na primeira convocatoria. En caso contrario, a nota que figurará no acta será a que se obteña neste exame, correspondente á convocatoria de xullo.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES 2ª EDICIÓN DE ACTAS:

No caso de non aprobar a materia na convocatoria de Xaneiro, disponse dunha segunda oportunidade no presente curso na convocatoria de Xullo. O sistema de avaliación na devandita convocatoria é exactamente o mesmo que o indicado anteriormente para asistentes correspondente á 2ª edición de actas.

CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES E NON ASISTENTES NA CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA:

O sistema de avaliación na convocatoria de fin de carreira é o mesmo que o descrito anteriormente para asistentes correspondente á 2ª edición de actas.

DATAS DE AVALIACIÓN: o calendario de exames aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI atópase publicado na páxina web:
http://www.esei.uvigo.es/index. php?ide=29


NORMAS RELATIVAS AS CLASES DE TEORÍA, AS CLASES PRÁCTICAS, Aos EXAMES, Ás PROBAS FEITAS NO LABORATORIO DE ELECTRÓNICA E AS REVISIÓNS DOS EXAMES:

Á hora de puntuar un exame ou calquera proba escrita tanto de asistentes como de non asistentes terase en conta o seguinte:

_ Débese responder ás distintas cuestións e problemas utilizando correctamente a simboloxía normalizada ANSI/ IEEE Std. 991-1986. De non facelo así, non se puntuará o correspondente exercicio.

_ Hai que xustificar todos os resultados que se obteñan. De non facelo así non se puntuará o correspondente exercicio.

_ Á hora de puntuar un exercicio non se dará ningún resultado por sobreentendido e terase en conta o método empregado para chegar á solución proposta.

_ Con independencia de todas as posibles solucións matemáticas ou electrónicas que poida ter un problema, só se valorarán aquelas que teñan sentido desde o punto de vista da Electrónica e da Enxeñería. Se de acordo co enunciado dun problema pódense expor varias solucións, a única que se puntuará será aquela cuxa implementación requira a utilización dun menor número de compoñentes, á vez que un menor número de compoñentes distintos, sendo estes o máis sinxelos que sexa posible.

_ Se un exercicio presenta faltas de ortografía ou ben caracteres ou símbolos ilegibles, devandito exercicio non será valorado.

_ Non se corrixirá ningún exercicio escrito a lapis ou con bolígrafo de cor vermella ou verde.

_ Non se corrixirá ningunha proba á que lle falte algunha das follas do enunciado ou ben algunha das follas que se facilitan para responder as preguntas do exame.

_ Non se pode fotografar o enunciado dos exames.

_ Durante os exames e as probas realizadas no laboratorio de Electrónica non se poden utilizar nin ter á vista libros, apuntamentos, calculadora, teléfono móbil, tablet, etc. Se durante un exame ou unha proba no laboratorio un alumno utiliza ou ten á vista un teléfono móbil, non se lle corrixirá devandito exame ou proba e poñeráselle un cero na acta correspondente á devandita convocatoria.

_ Durante a revisión dun exame non se pode ter á vista un teléfono móbil ou tablet. En ningún caso pódese fotografar un exame e en caso de facelo poñeráselle un cero na correspondente convocatoria.

_ Non se pode fotografar o que escriban os profesores da materia nos encerados durante as clases e tampouco se poden gravar as clases (nin vídeo nin audio).

_ Cada vez que haxa que facer unha práctica no laboratorio, hai que levar ao mesmo os problemas de deseño que se expoñen no enunciado da correspondente práctica correctamente resoltos nunha folla de papel. Na devandita folla débense indicar todos os cálculos necesarios para resolver os problemas de deseño que se expoñen no enunciado da práctica. Tamén hai que levar o enunciado da práctica impreso nunha folla de papel. Se alguen non cumpre o anterior non se lle permitirá facer a práctica e consideraráselle como non feita.

_ Durante as clases de teoría, as clases de problemas e as prácticas de laboratorio non se pode ter á vista nin utilizar un teléfono móbil ou unha tablet.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000