Guia docente 2018_19
E. U. de Enfermería (Meixoeiro)
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría materno-infantil
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Elaboración de parte do contido teórico por parte do alumnado baixo a supervisión do profesorado e exposición oral dos traballos.

10
Presentación Módulo Maternal:O alumno/a presentará en clase un tema da materia con apoio audiovisual dunha *duracción de 15 minutos 10
Lección maxistral Asistencia a clase 10
Exame de preguntas obxectivas As pregúntas tipo test constarán de 5 opcións de resposta das cales só unha será correcta. Por cada pregunta mal contestada anularase o valor de 1/3 dunha ben contestada 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os Seminarios e as Presentacións/Exposicións só se levarán a cabo no módulo de Enfermaría Maternal.


Poderanse realizar dous exames parciais (no módulo de Enfermaría Maternal) do temario da materia, previo consenso co alumnado. A superación de cada parcial suporá a eliminación da materia ata o exame final do 1º cuatrimentre.


Realizarase un exame final de cada módulo. Os exames serán por escrito. Nos exames do módulo de Maternal poderanse incluír preguntas curtas. A cualificación final virá dada pola suma e media ponderada de todas as partes avaliadas, sendo condición imprescindible aprobar cada parte por separado.


Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientador, considerando a heteroxeneidade do alumnado. Calquera información relacionada coa marcha desta materia, atoparase a disposición do alumnado na plataforma TEMA


A información relativa a data do examen, hora e lugar atópase na seguinte dirección web: http://direcceuemeixoeiro.webs.uvigo.es/index.php/es/component/k2/item/116-indice-docencia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000