Guia docente 2018_19
E. U. de Estudos Empresariais
Máster Universitario en Comercio Internacional
 Materias
  Xestión de Operacións Internacionais
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas en aulas informáticas Trátase de buscar nas páxinas web adecuadas a información necesaria para a cumplimentación de documentos de importación, exportación, certificados...
Resolución de problemas Exemplos prácticos e resolución de problemas que axuden a comprender e aplicar a materia impartida nas clases maxistrais.
Traballo tutelado Ellaborar un informe para a posta en marcha dunha empresa mixta española nun país latinoamericano e unha tarefa complementaria sobre política comercial. Traballo sobre Licitacións Públicas Internacionais.
Outros *Webinar
Foros de discusión Participación en foros abertos na plataforma faitic. Poden ser tamén foros de aprendizaxe que poden dar ou non lugar a un debate.
Lección maxistral Son horas presenciais que soamente implican para os alumnos a participación expondo preguntas e debates. Trátase de ofrecer de forma resumida a teoría necesaria para levar a cabo as metodoloxías indicadas anteriormente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000