PRIMEIRA OPORTUNIDADE Seguindo as directrices propias da titulación ofertaranse a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación única. Antes de que finalice a segunda semana do curso, os estudantes deberán indicar
ao profesorado da materia o sistema de avaliación elexido. Quen opte polo sistema de avaliación continua non poderá ser cualificado como "non presentado" se realiza unha entrega ou proba de avaliación con posterioridade á comunicación da súa decisión. Sistema de avaliación continua A cualificación global da materia será igual á media aritmética ponderada das probas indicadas previamente. Para superar a materia a cualificación global debe ser maior ou igual que cinco. Sistema de avaliación única A cualificación global da materia será igual á media aritmética ponderada das probas indicadas previamante. Neste caso, a proba de resolución de problemas farase nunha única proba ao finalizar o bimestre. Para superar a materia, a cualificación global debe ser maior ou igual que
cinco. SEGUNDA OPORTUNIDADE A avaliación consistirá en realizar un exame de preguntas obxectivas, un exame de resolución de problemas e entregar os informes de prácticas de todas as prácticas realizadas ao longo do curso. OUTROS COMENTARIOS As puntuacións obtidas solo son válidas para o curso académico en vigor. O uso de calquera material durante a realización dos exames e probas de avaliación deberá ser
autorizado explicitamente polo profesorado da materia. No caso de deteción de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas, a cualificación final da materia será
de suspenso (0) e os profesores comunicarán o asunto á dirección da escola para que tome as medidas que
considere oportunas. |