Guia docente 2018_19
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Máster Universitario en Enxeñaría de Telecomunicación
 Materias
  Acondicionadores de Sinal
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio Prácticas de execución de tarefas reais ou simulacións. Son probas nas que se avaliará o desempeño do alumnado sobre a base dos coñecementos amosados, o comportamento, organización e planificación durante a práctica, reflexión sobre os resultados obtidos, etc. 20 B1
B4
B8
C29
Traballo É un texto elaborado sobre un tema e debe redactarse seguindo unhas normas establecidas. 10 B1
B4
B8
C29
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 20 B1
B4
B8
C29
Resolución de problemas Proba na que o alumno/a debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor/a. Deste xeito, o alumnado debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 25 B1
B4
B8
C29
Informe de prácticas Elaboración dun informe por parte do alumno/a no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos/as deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos. 15 B1
B4
B8
C29
Observación sistemática Percepción atenta, racional, planificada e sistemática para describir e rexistrar as manifestacións do comportamento do alumnado. 10 B8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Primeira oportunidade: Avaliación continua

A avaliación continua está formada polas tres partes seguintes:

  1. Laboratorio (45%), que se divide en:
    • Seguimento das prácticas de laboratorio (10%).
    • Informe das prácticas de laboratorio (10%).
    • Proba práctica (20%).
  2. Exámes de teoría (45%), que se divide de forma orientativa en:
    • Preguntas de desenrolo (20%).
    • Problemas (25%).
  3. Traballo tutelado (10%), no que se presentarán os resultados nun informe.

A
nota final, a cal se puntúa sobre un máximo de 10 puntos, e a suma das
notas de cada parte se se cumpren as siguientes condicións:

  1. Realizar un mínimo do 80% das prácticas de laboratorio.
  2. Obter unha puntuación mínima do 40% en cadaparte da avaliación.

Se
non se cumpre algún dos requisitos anteriores, a nota final será a suma
das notas de cada parte, pero limitada a un 40% da nota máxima (4
puntos).

Para aprobar, os alumnos deben obter unha puntuación total igual ou superior ao 50% da nota máxima (5 puntos).

A
proba práctica realizarase nunha das últimas sesions de laboratorio. As probas
de preguntas de desenrolo e de problemas dividiranse en dúas sesións repartidas
ao longo do período de docencia da materia.

2. Primeira oportunidade: Exame final

Os
alumnos que non opten pola avaliación continua (non realizasen, polo
menos, o 80% das prácticas) ou obtivesen unha nota total menor que o
5 (suspenso), poderán presentarse a un exame final.

O
exame final consistirá nunha proba práctica e nunha teórica, cada
unha correspondente ao 50% da nota total. Para aprobar deberá obter un
mínimodo 40% en cada parte e sumar en total, como mínimo, 5 puntos.

3. Segunda oportunidade

Na segunda oportunidade a evaluación será coma a do exáme final da primeira oportunidade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000